Manifesto 8M: A Pobra do Brollón mira máis alá

Neste 8 de marzo, dende A Pobra do Brollón, alzamos a voz para facer un chamamento á conciencia colectiva: Mira máis alá! Se xulgas polas aparencias ou se as túas ideas sobre a muller rural son clichés, estás a ver unha realidade distorsionada. No rural, a desigualdade ten unha expresión especialmente agravada. Mira máis alá […]
Convocada para o 9 de marzo unha concentración con motivo do Día internacional da Muller

Con motivo do 8M, Día internacional da Muller, o Concello da Pobra do Brollón convoca unha concentración para a lectura do manifesto en defensa da igualdade e dos dereitos das mulleres. Facemos un chamamento a veciñas e veciños a achegarse o luns 9 de marzo, ás 12:00 diante da Casa do Concello da Pobra […]
Manifesto polo Día Internacional da Muller

Con motivo do Día Internacional da Muller, este venres ao mediodía concentrámonos diante da Casa do Concello da Pobra do Brollón para a lectura do manifesto na voz da concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro: Estou segura de que a veciñanza da Pobra do Brollón camiñamos da man na procura dunhas vidas seguras, dunhas vidas sen […]
A Pobra do Brollón conmemora o Día da Muller con varias actividades o venres 7 de marzo

O Concello da Pobra do Brollón conmemora o Día Internacional da Muller con varias actividades programadas para este venres 7 de marzo. Primeiro terá lugar a concentración e lectura do manifesto diante da Casa do Concello ás 12:00 do mediodía. Despois, ás 13 horas, terá lugar o obradoiro ‘Conectando coa igualdade’, unha actividade dirixida á […]
Programación para o 8 de Marzo 2023

Dende o Concello da Pobra do Brollón, anímase a todo o mundo a mobilizarse no 8M, Día Internacional da Muller, pola igualdade de xénero e os dereitos de todas as mulleres. O mércores 8 de marzo, ás 11:45 convócase unha concentración diante da Casa do Concello para a lectura do manifesto. Deseguido, haberá un espectáculo para todos os […]
Conversas no Centro de Día polo 8M

Para este 8M atípico no que saír á rúa está máis complicado, achegámonos nós ao Centro de Día da Pobra do Brollón para conversar coas usuarias e usuarios sobre as reivindicacións do Día da Muller Traballadora a partir das súas experiencias de vida e reflexións. O reparto das tarefas da casa e os roles de […]
Manifesto polo Día da Muller

A Pobra do Brollón en igualdade Cara a este oito de marzo a ONU emprega a pandemia como claro exemplo do valor das mulleres no futuro da humanidade, pero tamén como evidencia da persistente discriminación e vulnerabilidade que sofren por mor do seu xénero. Na batalla sobre o chan as mulleres levaron máis peso, en […]
Unha cea para mulleres coa que celebrar o 8M

Para celebrar o Día Internacional da Muller, o Concello da Pobra do Brollón organiza unha cea na noite previa, a do sábado 7 de marzo, coa intención de crear un espazo de unión e sororidade entre mulleres. A cea proposta é no restaurante 1º de Maio, na capitalidade da Pobra, o día 7 ás 21:00 […]
