982 430 001

Atención cidadá

O Castro de San Lourenzo traspasa fronteiras

Esta semana comezou, parella á cuarta campaña de escavacións, a actividade do campo de traballo internacional no Castro de San Lourenzo. Participan unha ducia de moz@s de entre 19 e 27 anos que veñen de Taiwán, Francia, Italia e España. A actividade do campo de traballo céntrase na limpeza do Castro e do material arqueolóxico, […]

Boa acollida das visitas guiadas aos recursos turísticos do concello

A iniciativa do equipo de goberno da Pobra do Brollón de ofrecer visitas guiadas aos principais elementos de interese do concello está tendo moi bos resultados despois do primeiro mes de funcionamento. Atendeuse a 178 persoas, cunha media diaria de 7 persoas. A Cova das Choias foi o recurso máis visitado, deuse un incremento de […]

Comeza a cuarta campaña de escavacións no Castro de San Lourenzo

Desde que no verán do 2016 comezaron os traballos arqueolóxicos no Castro de San Lourenzo xa se ten obtivo moita información do modo de vida nos séculos XII, XIII e XIV nesta zona do interior. Nesta cuarta campaña vaise ampliar o espazo de escavación e afondar máis na necrópole con tumbas do século XII. O […]

Xornadas medioambientais na Pobra do Brollón

Separar con xeito para reciclar a feito! Este é o lema da campaña que Ecoembes e a Consellería de Medio Ambiente están desenvolvendo para fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. A Pobra do Brollón acollerá dúas […]

Viaxes á praia

O Concello da Pobra do Brollón organiza cara a esta época estival viaxes á praia para tod@s @s seus veciñ@s. As datas elixidas son os días 15 e 29 de Xullo e 5 e 19 de Agosto. As viaxes serán a Samil, Miño e Viveiro, para repetir o día 19 de novo a Samil. A reserva de prazas farase […]

Taller de escritura e lectura para nen@s

Desde o Concello da Pobra do Brollón organízase un taller de escritura e lectura para nen@s durante os meses de Xullo e Agosto. O taller terá lugar na Biblioteca Municipal os Martes e Xoves de 11.00h a 13.00h e as prazas son limitadas. Se queres participar tes que inscribirte chamando ao teléfono 982 430 546 Imprescindible saber ler e […]

O concello da Pobra do Brollón acorda declarar persoas non gratas aos membros da manada.

O grupo municipal do BNG na Pobra do Brollón presentaba ao pleno de onte unha moción solicitando á corporación municipal declarar persoas non gratas aos membros da manada, os cinco agresores dunha moza nos San Fremíns de 2016, que despois de estar condenados a 9 anos de prisión están na rúa. A iniciativa nacionalista aprobouse por unanimidade […]

Xornada sobre o aproveitamento da resina

O concello da Pobra do Brollón organiza, en colaboración con Letme Soluciones, unha xornada forestal sobre actividade resineira, como complemento ao aproveitamento da madeira do piñeiro. A actividade desenvolverase este mércores día 27 na casa da cultura “Olga Novo” en horario de 19.00 a 21.00 h. Na primeira ponencia falarase das posibilidades do aproveitamento resineiro en Galicia,imparte […]

Xornadas Audiovisuais “Un universo de cine no teu concello”

O Concello da Pobra do Brollón a través do GDR Ribeira Sacra – Courel acolle estas xornadas destinadas a rapaces/zas de entre 12 e 16 anos. OBXECTIVOS DAS XORNADAS: Que @s moz@s coñezan conceptos básicos das distintas fases do  proceso de produción e realización audiovisual. Que @s moz@s se acheguen ás potencialidades que ten a imaxe en […]