982 430 001

Atención cidadá

Accións no 25N para visibilizar e combater as violencias de xénero

Ao longo da xornada do 25 de novembro tiveron lugar na Pobra do Brollón varias actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  Ao mediodía persoal do Concello e veciños e veciñas concentráronse diante da Casa do Concello para gardar un minuto de silencio. O alcalde, Xosé Lois Maceda, leu […]

Concentración polo 25 de Novembro

Dende o Concello da Pobra do Brollón facemos unha convocatoria aberta para concentrarse ás12:30 diante da Casa do Concello este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Gardaremos un minuto de silencio en repulsa contra os actos de violencia de xénero. Animamos a quen acuda a levar algunha peza de roupa negra. […]

A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra o luns 8 de novembro

A Unidade Móbil de doazón de sangue estará na Pobra do Brollón o luns 8 de novembro. Estacionarase de 16:00 a 18:30 fronte ao cuartel da Garda Civil.  Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, achégate pola Unidade Móbil. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros. […]

Paradas do Punto Limpo Móbil en outubro

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes.  As próximas paradas para o mes de outubro son: Santalla de Rei: do 4 ao 6 de outubro Ferreirúa: do 7 ao 10 de outubro Ferreiros: do 11 ao 13 de outubro Saa: do 14 ao 17 de outubro Castrosante: do […]

Publicadas as bases para o Obradoiro de Emprego Bóveda-O Incio-A Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN 7/10/2021  As datas e horas para a realización da entrevista e presentación de méritos son as seguintes: Alumnos/as: luns 11 de outubro Candidaturas da Pobra do Brollón: ás 9:00 Candidaturas do Incio: ás 11:30 Candidaturas de Bóveda: ás 13:00 Os candidatos/as deben estar media hora antes para a entrega da documentación (no caso de candidatos/as da […]

Xornadas sobre aproveitamentos do monte en Parada dos Montes

A fin de semana do 22 ao 24 de outubro (venres á tarde, sábado todo o día e domingo á mañá) celébranse en Parada dos Montes unhas xornadas sobre experiencias de éxitos e fracasos en aproveitamentos ‘diferentes’ do monte.  Ademais de charlas con expertos en diversos temas, haberá unha demostración dun serradoiro móbil e unha […]

Novo obradoiro dual de emprego Bóveda-O Incio-A Pobra do Brollón

Preséntase para 2021-2022 un novo Obradoiro de emprego de Bóveda, O Incio e a Pobra do Brollón para 20 alumnos/as traballadores/as, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.  O concello promotor é Boveda, en convenio cos concellos de O Incio e A Pobra do Brollón. A duración do obradoiro será de 9 meses a xornada completa. As datas […]

Cata de iniciación á Ribeira Sacra

O xoves 7 de outubro terá lugar na Pobra do Brollón unha ‘cata de iniciación á Ribeira Sacra’, organizada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria. O horario da actividade é de 17:30 a 21:30. O curso é gratuíto, previa inscrición. O prazo para anotarse acaba o próximo xoves 30 de setembro. A proposta está destinada a persoas vinculadas ou […]

Novas paradas do Punto Limpo Móbil en setembro

O Punto Limpo Móbil continúa o seu percorrido polas parroquias para axudar aos veciños e veciñas a reciclar e separar pequenos residuos contaminantes.  As próximas paradas para o mes de setembro son: Eixón: do 13 ao 15 de setembro Piño: do 16 ao 19 de setembro Óutara: do 20 ao 22 de setembro Canedo: do 23 […]

Retómase o programa municipal de conciliación laboral e familiar

Co novo curso escolar, retómase o programa municipal de conciliación laboral e familiar. Comezará a partir do luns 13 de setembro.  E un servizo totalmente gratuíto; pretende así facilitar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral.  Este programa permite que os nenos e nenas estean […]