982 430 001

Atención cidadá

Amplíase o prazo de inscrición nos talleres de memoria e uso do teléfono móbil

O Concello da Pobra do Brollón volve poñer en marcha dous talleres gratuítos: un para traballar a memoria e outro para aprender a usar o teléfono móbil e outros dispositivos. O primeiro está orientado a persoas maiores e persoas con algunha limitación cognitiva e o segundo, a público adulto en xeral.  Os talleres comezarán a partir […]

E as gañadoras do XII Concurso de Tapas son…

Por votación popular, as gañadoras do XII Concurso de Tapas da Guimaralia foron as propostas da Cantina de Julia en Salcedo (1º premio), O Fogón en Cereixa (2º premio) e A Salanova, tamén en Salcedo (3º premio). Parabéns aos establecementos gañadores e mais ao resto de participantes por deleitarnos coas súas creacións culinarias! Axiña anunciaremos data […]

Aprendendo a autocoidarse co Centro de Día

Coidar da nosa saúde e recuperar bos hábitos é máis importante que nunca nestes tempos de post-confinamento e convivencia co covid. Esta semana, profesionais do Centro de Día da Pobra do Brollón ofreceron na Casa da Cultura un obradoiro con claves para aumentar o noso benestar físico e emocional a través de prácticas de autocoidado. […]

Charla sobre ‘ForestMap’ este xoves 16 na Casa da Cultura

Saber a cantidade de madeira que hai nunha parcela e identificar aproveitamentos do monte son algúns dos obxectivos da tecnoloxía ForestMap, que pode emplearse tanto en montes comunais como particulares. Foi a ferramenta usada para inventariar os piñeirais do Distrito Forestal Terra de Lemos, no marco dun proxecto europeo pioneiro. Coñece máis da man dos responsables […]

Centro de Día e Concello promoven un obradoiro sobre autocoidado da saúde

O vindeiro mércores 15 terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón unha actividade sobre autocoidado para unha vida máis saudable. Será impartida por profesionais do Centro de Atención a Persoas Maiores (CAPM) da Pobra do Brollón en colaboración co Concello. Diríxese especialmente a persoas maiores, aínda que está aberta a todos os […]

Volve o Concurso de Tapas da Pobra do Brollón

Este venres 3 de decembro volve o Concurso de Tapas da Pobra do Brollón, tras o parón do ano pasado a causa da pandemia. Na súa duodécima edición participan seis establecementos: tres bares na capitalidade (Bar Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio), dous en Salcedo (A Cantina de Julia, A Salanova) e mais O […]

Plan único de cooperación cos concellos 2021

O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2021, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan repartiuse entre investimentos, programas de SAF, fomento de emprego, promoción cultural,  promoción turística local, administración electrónica e protección de datos e gastos […]