Información das actividades de conciliación familiar durante o curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón ofrece actividades de conciliación familiar para as crianzas da Pobra do Brollón durante o curso escolar 2024-25. O servizo ofrécese de luns a venres, en horario á saída do colexio de 15:45 a 17:45 horas. As actividades son lúdicas e socioeducativas, incluíndo dous días de actividades deportivas. O servizo […]
Zumba súmase á oferta de actividades deportivas municipais

Zumba súmase á oferta de actividades deportivas municipais. As clases comezan neste mes de outubro e serán os venres de 18:30 a 19:30 no Pavillón muncipal da Pobra do Brollón. O prezo é 15€ ao mes e terán prioridade as persoas empadroadas. A actividade amplía así as actividades deportivas municipais xa en marcha: ioga, pilates […]
Cerca de 50 nenos e nenas beneficiáronse das actividades de conciliación de ‘a Guimaralia máis Corresponsable’

Remata o programa ‘a Guimaralia máis Corresponsable’ posto en marcha polo Concello da Pobra do Brollón dende maio ata setembro. Trátase dunha ampla oferta de actividades da que se beneficiaron cerca de 50 nenas e nenos ata 16 anos, ben empadroados na Pobra do Brollón ou con familia directa no Concello. O programa está concibido para […]
A XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños celebrarase o domingo 20 de outubro

A XIV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón terá lugar o domingo 20 de outubro de 2024 a partir das 12:30 no Pavillón municipal. Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas guímaros. Celebraremos un xantar popular, amenizado con sorteos e música da Escola Samoeiro. A […]
O 16 de setembro comezan as actividades deportivas infantís

A partir da semana que vén e durante todo o curso escolar, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos ás nenas e nenos a posibilidade de realizar actividades deportivas á saída do colexio. Ofreceranse os luns e mércores durante todo o curso escolar 2024-25. As actividades comezarán o luns 16 de setembro. Durante […]
O programa de conciliación para o curso escolar 2024-25 comeza o 11 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do mércores 11 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2024-25. É un servizo totalmente gratuíto para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. Este programa contempla […]
En setembro comezan as clases de ioga para adultos

A partir de setembro, comezarán clases de ioga para adultos para o curso 2024-25. As clases ofreceranse os martes e xoves de 11:00 a 12:00, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. O prezo é de 20€ ao mes. Para máis información e inscricións, deben contactar coas oficinas de Servizos Sociais en horario de 9:00 a […]
Información do Obradoiro dual de Emprego 2024-25

O Concello da Pobra do Brollón volverá ser beneficiario da subvención concedida para o Obradoiro dual de Emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ 2024-2025. O obxectivo é o mantemento e acondicionamento de xardíns e zonas verdes, incluídas rutas de sendeirismo, no noso municipio. Xa está aberto o prazo para anotarse no […]
Abre o prazo de matrícula nas clases de ximnasia e pilates

O prazo de matrícula nas actividades de ximnasia e pilates para o curso 2024-25 estará aberto do 26 ao 30 de agosto. Prevese comezar as actividades o día 3 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias. Para que poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para as actividades […]
Convócase un Pleno extraordinario o domingo 25 para tratar os recortes de profesorado no CEIP A Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón convoca para este domingo 25 un Pleno extraordinario para tratar os recortes previstos no colexio público para o vindeiro curso escolar. O Pleno celebrarase ás 11:30, antes da manifestación prevista para as 12:00 na área recreativa ‘Samugueiros’. A convocatoria realízase tras a solicitude por parte da ANPA do CEIP […]
