Abraham Cupeiro presenta en Salcedo o seu novo disco ‘Pangea’

Este venres 18 o multiinstrumentista Abraham Cupeiro presentará o seu novo disco, Pangea. O evento será ás 20:30 no Local Multiusos de Salcedo, na Pobra do Brollón. O musicólogo sarrián, que ten sido descrito como ‘o home que resucita a música da Prehistoria’, tocará máis de 20 instrumentos que interpretou xunto á Royal Philarmonic Orchestra de […]
O documental ‘A última viaxe do afiador’ proxectarase o sábado 12 na Casa da Cultura

Este sábado 12 de setembro, proxectarase a película documental A última viaxe do Afiador, dirixida por Aitor Rei. A proxección será ás 19:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón. A entrada é gratuíta ata completar aforo. Respectaranse as medidas de hixiene e seguridade recomendadas.
A Escola de Música Municipal abre o prazo de matrícula para o novo curso o 7 de setembro

O prazo para matricularse na Escola de Música Municipal ‘Samoeiro’ para o curso 2020-2021 abre o luns 7 de setembro e remata o día 28 do mesmo mes. Ofrécense as seguintes materias: baile tradicional percusión tradicional gaita coro e formación vocal frauta de pico, traveseira, requinta e frautín acordeón piano iniciación musical, música e movemento […]
O Castro de San Lourenzo en Cereixa celebra a súa festa nunha edición especial con Laura LaMontagne e PicoAmperio

O luns 10 de agosto, Día de San Lourenzo, a Asociación veciñal ‘María Castaña’ de Cereixa en colaboración co Concello da Pobra do Brollón, celebra a festa de San Lourenzo dun xeito especial e adaptado ás circunstancias sanitarias. A festa vénse celebrando dende hai cinco anos en formato romaría, dende que en 2016 recuperouse a […]
Calendario cultural de agosto na Guimaralia

Ciclo de concertos ‘con-certa normalidade’ Torneo de picadiscos ‘Pratos e Discos’ Bágoas de San Lourenzo no castro de Cereixa
Presentamos ‘Palabras Molladas’: charlas arqueolóxicas maridadas con viño de Vilachá

O proxecto Adegas da Memoria e o Concello da Pobra do Brollón organiza ‘Palabras Molladas’, unha serie de charlas sobre arqueoloxía, acompañadas de viños de Vilachá de Salvadur con D.O. Ribeira Sacra. Trátase dunha actividade concibida en paralelo á campaña arqueolóxica actualmente en marcha no lugar de Os Conventos, na parroquia guímara de Vilachá. A […]
A película ‘María Solinha’ chega a terras de María Castaña

O próximo luns 20 de xullo, estrearase na Pobra do Brollón a película María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. O evento terá lugar na parroquia guímara de Cereixa, o lugar natal de María Castaña. Antes da proxección do filme, presentará o arqueólogo e historiador Xurxo Ayán, tamén natural de Cereixa, quen relacionará as dúas personaxes femininas […]
Comeza o ciclo de ‘Concertos na Terceira Fase’

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha os ‘Concertos na Terceira Fase’, unha proposta para os vermús dos domingos con cinco concertos a cargo de artistas locais ou estreitamente ligados ao municipio. O ciclo comeza con Alexandro González este domingo 14 ás 13:00 horas na terraza da parrillada O Fogón, en Cereixa. O músico salcedao […]
Anunciamos as e os gañadores do certame ‘Cóntanos algo sobre Ricardo Carvalho Calero’

O xurado xa anunciou @s gañadores do certame ‘Cóntanos algo sobre Ricardo Carvalho Calero’, organizado pola biblioteca municipal para celebrar o Día das Letras Galegas. Na categoría ata os 8 anos, a gañadora é Antía. Amanda, Kaira e Daniel gañaron o primeiro, segundo e terceiro premio respectivamente na categoría de 9 a 11 anos. Na […]
Concurso de narración polo Día das Letras Galegas

A biblioteca pública municipal do Concello da Pobra do Brollón comunica que a Real Academia Galega traslada o acto do Día Das Letras Galegas 2020 para o sábado 31 de outubro debido a incerteza que provoca a pandemia do coronavirus. Porén, para este 17 de maio, non queremos que esta crise empane a homenaxe que estaba […]
