Entrevistamos a Pilar Macía, autora de ‘Lobo’

Entrevistamos a Pilar Macía, autora de Lobo, novela policial ambientada na Pobra do Brollón e que saíu á luz en decembro de 2020. Macía doou recentemente un exemplar á Biblioteca municipal, onde está dispoñible para quen queira acompañar ao sarxento Sierra na súa determinación por resolver un caso que xa se saldou coa morte de dous […]
A Pobra do Brollón súmase á campaña #CaldodeGloria para celebrar o Día de Rosalía

Dende o Concello da Pobra do Brollón, sumámonos á campaña da Fundación Rosalía de Castro para conmemorar hoxe 24 de febreiro o 184 aniversario da escritora. Para celebrar o nacemento de Rosalía de Castro, participamos na iniciativa #CaldodeGloria, coa que a Fundación anima á xente a preparar un caldo, inspirado polo poema Miña casiña, meu […]
Presentamos unha programación de Nadal con propostas culturais para tódalas idades

O Concello da Pobra do Brollón presentou unha programación de Nadal repleta de espectáculos para tódalas idades. “Ofrecemos unha completa axenda cultural con actividades pensadas para toda a veciñanza, maiores e pequenos” comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura. “Por suposto cumpriremos con tódalas medidas necesarias pola situación epidemiolóxica. Insistimos en que é posible seguir apoiando […]
Cinema galego de estrea para pechar o ano

Dende a área de Cultura do Concello da Pobra do Brollón propoñemos pechar o ano cun ciclo de tres filmes galegos estreados no presente 2020. Así, consolídase a aposta cultural dos últimos anos. “Para nós é moi importante continuar coa oferta cultural neste ano de pandemia. Pretendemos dar alternativas de lecer e cultura aos noso veciños […]
Volven os certames de poesía e de postais de Nadal

Volven convocarse os xa tradicionais certames de poesía e de postais de Nadal, unha iniciativa da Biblioteca municipal e da Oficina de Información Xuvenil da Pobra do Brollón para espertar a creatividade dos máis novos e novas. O prazo para participar remata o 30 de decembro para ambos certames. A continuación ofrecemos máis información sobre […]
Avelino González presenta o seu espectáculo ‘Contar de Contrabando’ este domingo en Salcedo

O actor Avelino González trae á Pobra do Brollón o seu espectáculo ‘Contar de contrabando’ este domingo 29 ás 19:00 no Local Multiusos de Salcedo. A actividade enmárcase no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21 da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón e da Asociación Veciñal de […]
Comeza o novo curso da Escola de Música Samoeiro

O novo curso da Escola de Música Samoeiro da Pobra do Brollón xa está en marcha. Comeza así o duodécimo curso consecutivo da escola municipal. Realizáronse máis de 80 matrículas repartidas nas materias de baile tradicional, pandeireta e canto, percusión tradicional, acordeón, gaita, frauta, piano e linguaxe musical. “Para nós, inaugurar un novo curso nestas circunstancias complicadas […]
As clases da Escola de Música Samoeiro comezan a partir deste xoves 5

O novo curso 2020-2021 da Escola municipal de Música arranca o xoves 5 de novembro. Publicamos abaixo os horarios das materias. Para calquera dúbida poden chamar á Biblioteca municipal no teléfono 982 430 546. As clases serán na Casa da Cultura Olga Novo, excepto as de Baile Tradicional que serán no Pavillón Polideportivo municipal.
O novo curso da Escola de Música Samoeiro comeza a primeira semana de novembro

O novo curso da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón comezará a primeira semana de novembro. O sábado 31 de outubro haberá reunión para asignar os horarios de adultos das clases de baile e percusión. A reunión de percusión será ás 11:30 e de baile ás 12:30, ambas na Casa da Cultura ‘Olga […]
A partir do luns 21 amplíase o horario para matricularse na Escola de Música Samoeiro

A partir do luns 21 de setembro, amplíase o horario de matrícula na Escola de Música Municipal ‘Samoeiro’ para o curso 2020-2021. Ademais do horario de mañá de 11:00 a 13:30, haberá un horario de tarde, de 16:00 a 18:30. O prazo remata o día 28 de setembro, inclusive. Ofrécense as seguintes materias: baile tradicional percusión tradicional gaita […]
