982 430 001

Atención cidadá

Xurxo Fernandes, Mondra e Abril na novena edición do festival As Cores do Outono

Celébrase do 22 ao 24 de setembro con música, teatro, circo e obradoiros  O Concello da Pobra do Brollón desvelou hoxe o cartel da edición 2023 de As Cores do Outono, festival de música galega de raíz de referencia no sur de Lugo. O festival está organizado polo Concello da Pobra do Brollón e conta con financiamento […]

Abre o prazo de preinscrición para o curso 2023-24 da Escola de Música Samoeiro

Dende hoxe 29 de agosto ata o xoves 7 de setembro, está aberto o prazo para preinscribirse nas clases da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ do curso 2023-24. Como novidade, este ano a preinscrición pódese facer mediante un formulario en liña no que indicar ademais das clases, a preferencia horaria. O enlace para o formulario […]

Un novo obradoiro de teatro con Merche Pérez comezará en setembro

Queres mergullarte no mundo do teatro? Xa está aberto o prazo de matrícula no novo obradoiro de teatro para a mocidade con Merche Pérez. O obradoiro terá lugar os luns e mércores dende o 4 de setembro ata o 20 de decembro, co seguinte horario: Grupo Educación Infantil (de 4 a 6 anos): De 16:00 […]

Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de teatro de agosto

No mes de agosto volve o curso de teatro con Merche Pérez, desta volta cunh nova proposta integradora onde as nenas e nenos e as persoas maiores do Centro de Día da Pobra do Brollón, gozarán do xogo teatral e compartirán unha experiencia de vida lúdica, afectiva e creadora. O obradoiro está dirixido a nenas […]

Su Garrido Pombo e MounQup pechan o ciclo Novas Músicas Galegas

O ciclo Novas Músicas Galegas é unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para levar aos escenarios a artistas mulleres que están a innovar na escena musical.  Tras os concertos de Catuxa Salom e Faia en xullo, o ciclo pecha a vindeira semana con Su Garrido Pombo o luns 14 de agosto e MounQup […]

O festival de improvisación oral Brindadeira celébrase esta fin de semana

Cartel do programa Información práctica sobre transporte, aloxamento e comer/beber Este sábado 22 e domingo 23 celébrase a primeira edición de Brindadeira, festival de improvisación oral na parroquia de Ferreiros, A Pobra do Brollón. O festival é impulsado polo goberno municipal para recuperar a tradición do ‘brindo’, un xénero de improvisación oral cantada propio de terras […]

O ciclo Novas Músicas Galegas continúa este domingo con FAIA

Este domingo 16 de xullo, a parroquia de Veiga acollerá un concerto de FAIA, o segundo evento do ciclo Novas Músicas Galegas, impulsado polo Concello da Pobra do Brollón. O evento comeza ás 11:30, no punto de encontro que será no aparcamento de Finca Robles, Veiga. Antes do concerto, haberá unha visita a cargo de […]

A VIII Feira Guímara celebrarase o sábado 8 de xullo

O sábado 8 de xullo, celebrarase a 8ª edición da Feira Guímara, cunha xornada repleta de actividades para conmemorar a revolta da veciñanza da Pobra do Brollón contra o Conde de Lemos. Información sobre postos de artesanía e produtos locais. Bases dos concursos de Estandartes, Caracterizacións e Xogos populares. Programa: Mediodía (a partir das 13:00) Pregón: […]

Un novo obradoiro de brindos chega este sábado ao Furancho O Currio

O taller será no Furancho O Currio na aldea de Trasmonte, Vilachá de Salvadur O Furancho tamén organiza a súa segunda convivencia poética rematando o domingo en vermú aberto ao público Esta fin de semana retómase a actividade ‘Guimaralia: Acción Cultural’ dando continuidade aos obradoiros de brindos guímaros organizados dende o Concello da Pobra do […]

A Pobra do Brollón lanza unha programación cultural fortalecida pola subvención Territorio Cultura

De aquí a setembro, producirase un sismo cultural na Pobra do Brollón con actividades para todos os públicos, distintas localizacións e diversas disciplinas cunha importante presenza de mulleres artistas. É unha programación descentralizada e participativa que mestura  actividades xa consolidadas con novas propostas. A programación vai encamiñada a ‘fortalecer as redes comunitarias e tamén incidir […]