982 430 001

Atención ciudadana

A Pobra do Brollón recibe do IES Daviña Rei material para apoiar ao seu alumnado

O Concello da Pobra do Brollón, a través da área de Servizos Sociais, recibiu do IES Francisco Daviña Rei material escolar e informático para apoiar ao alumnado do noso municipio.  O CEIP da Pobra do Brollón está adscrito a este IES de Monforte, que recibe aos estudantes da Pobra cando rematan a Educación Primaria.  O alcalde […]

Información sobre o Ingreso Mínimo Vital

O Ingreso Mínimo Vital trátase dunha prestación da Seguridade Social para garantir uns ingresos mínimos ás persoas residentes en España. Canto é o Ingreso Mínimo Vital? A renda garantida será de 462 euros ao mes para unha persoa adulta que viva soa. Cando se trata dunha unidade de convivencia esta cantidade incrementarase en 139 euros […]

Servizos Sociais establece un novo horario de atención ao público

Debido á situación de emerxencia sanitaria causada polo coronavirus, e seguindo as indicacións respecto ao confinamento en casa, as traballadores de Servizos Sociais estableceron novas quendas de traballo na oficina. Recordamos que o horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00, e debe realizarse só nos casos máis urxentes. Para o resto de […]

O Concello financiou un curso sobre manipulación de alimentos

A área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón financiou un curso para obter o certificado oficial de Manipulador de Alimentos. O curso tivo lugar o pasado luns na Casa da Cultura e foi gratuíto para as dez persoas que participaron. Este certificado é necesario para traballar en sectores relacionados coa alimentación: na hostalaría […]

Comezan os talleres de memoria e de uso do móbil

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha dous talleres gratuítos, un para traballar a memoria e outro para aprender a usar o teléfono móbil. O primeiro está orientado a persoas maiores e persoas con algunha limitación cognitiva e o segundo, a público adulto en xeral.  Aínda quedan prazas libres para anotarse. Ambos talleres […]

Un novo programa gratuíto facilita a conciliación laboral e familiar

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha un programa para axudar a salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. O programa é totalmente gratuíto e está aberto a tódolos nenos e nenas que asistan ao CEIP A Pobra do Brollón. O programa, totalmente gratuíto, […]