982 430 001

Atención ciudadana

Volve o Servizo Madrugador@s para facilitar a conciliación no novo curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón retoma este martes 8 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2025-26. É un servizo totalmente gratuíto para axudar ás familias con nenos e nenas matriculadas no CEIP A Pobra do Brollón salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida […]

En marcha un novo servizo para incentivar os alugueres

Esta mañá presentouse na Casa da Cultura da Pobra do Brollón o novo Servizo gratuíto para incentivar os alugueres que dende as oficinas de Servizos Sociais se pon en marcha para atraer e fixar poboación no noso concello. Este servizo vén motivado polo incremento na demanda de alugueres así como polo descoñecemento observado sobre dereitos […]

Abre o prazo de inscricións nas actividades de conciliación de verán

Este verán, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos actividades para a cativada de 4 a 16 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación laboral e familiar.  As actividades son entre semana dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro. De 8:00 a 14:00 horas, ten lugar o Campamento de Verán. Polas […]

A Guimaralia máis Corresponsable

‘A Guimaralia máis Corresponsable’, comprende unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e mulleres no centro. Consulta a oferta de actividades para adultos aquí. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e […]

Convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de auxiliares de SAF

Están publicadas as bases para crear unha bolsa de emprego de auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) no Concello da Pobra do Brollón. O obxectivo é poder contratar puntualmente para realizar substitucións por ausencias de persoal por incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas. A selección de persoal realízase mediante o sistema de concurso […]

Información sobre o Proxecto Rumbo

O Proxecto Rumbo é un proxecto piloto da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), para implantar un novo modelo de apoio á autonomía persoal das persoas con dano cerebral adquirido, a través da atención sociosanitaria de proximidade. Para consultas poden contactar no email rumbo@fegadace.org ou no teléfono 881 943 148. Preme na imaxe para consulta/descargar […]

Horario de atención das Oficinas de Servizos Sociais

As oficinas de Servizos Sociais teñen un novo horario provisional de atención ao público: De luns a xoves de 9:30 a 14:00 h Os xoves de 16:00 a 19:30 Venres pechado É necesario pedir cita previa no teléfono 982 430 447. Servizos Sociais están situados no primeiro andar da Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (Rúa Samoeiro, […]

Amplíase o prazo de inscrición nos talleres de memoria e uso do teléfono móbil

O Concello da Pobra do Brollón volve poñer en marcha dous talleres gratuítos: un para traballar a memoria e outro para aprender a usar o teléfono móbil e outros dispositivos. O primeiro está orientado a persoas maiores e persoas con algunha limitación cognitiva e o segundo, a público adulto en xeral.  Os talleres comezarán a partir […]