982 430 001

Atención ciudadana

O CIM Móbil volve á Pobra do Brollón o xoves 25 de xuño

O CIM Móbil volve á Pobra do Brollón o xoves 25 de xuño para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres. O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM). Está dirixido a […]

Concentración e manifesto polo 25N

O vindeiro martes 25N ás 12:00h concentrarémonos diante do Concello para ler o manifesto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende a Concellaría de Igualdade anímase a achegarse a quen queira e poida para manifestarmos o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista.  

Manifesto polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha cita histórica e colectiva na que participa, por suposto, o Concello da Pobra do Brollón, para lembrar a nosa responsabilidade e actuar como motor de cambio e transformación cara a unha sociedade máis xusta, libre de violencias machistas, libre de todo […]

Celebramos o Día Internacional do Orgullo

Neste 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo, dende o Concello da Pobra do Brollón reclamamos a liberdade para sentir, ser e amar, hoxe e sempre! Aquí compartimos as actividades que temos preparadas ao longo de xullo para reivindicar e celebrar os dereitos LGTBIQ+.

A Pobra do Brollón conmemora o 25N–Día da eliminación da violencia contra as mulleres

Dende o Concello da Pobra do Brollón quixemos manifestar o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista cunha serie de accións desenvolvidas esta semana arredor do 25N, Día da eliminación da violencia contra as mulleres. Arrancamos o luns colgando dende os balcóns da Casa do Concello as pancartas reivindicativas para que estiveran visibles para […]

Concentración polo 25N

Este venres 24 de novembro, dende o Concello da Pobra do Brollón convócase unha concentración aberta para manifestar a noso rexeitamento a calquera tipo de violencia de xénero. Será ás 12:00 diante da Casa do Concello. Na concentración lerase o manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Trátase dunha das actividades organizadas […]

Amplíase o Campamento de Verán para facilitar a conciliación

Ampliamos o horario do Campamento de Verán para facilitar a conciliación laboral e familiar. O novo horario será de 8 da mañá a 4 da tarde, e ademais prolongarase ata o 31 de agosto. As familias poden elixir que horas usar o servizo segundo conveniencia. Actualmente as prazas están todas ocupadas polas familias xa inscritas no campamento […]

Programación para o 8 de Marzo 2023

Dende o Concello da Pobra do Brollón, anímase a todo o mundo a mobilizarse no 8M, Día Internacional da Muller, pola igualdade de xénero e os dereitos de todas as mulleres.  O mércores 8 de marzo, ás 11:45 convócase unha concentración diante da Casa do Concello para a lectura do manifesto. Deseguido, haberá un espectáculo para todos os […]

Proxección de ‘ELAS’ este xoves 29 na Casa da Cultura

Hoxe xoves 29 proxectamos a serie de micro-documentais ELAS, coa presenza da súa realizadora, Lily Baker Föhring. ELAS é unha viaxe no tempo polas terras do concello veciño Pantón da man das nosas predecesoras. Con esta peza, Lily Baker busca recuperar as historias personais e a experiencia das mulleres do rural.  Podes vela ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga […]