O CIM Móbil volve á Pobra do Brollón o xoves 25 de xuño

O CIM Móbil volve á Pobra do Brollón o xoves 25 de xuño para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres. O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM). Está dirixido a […]
Concentración e manifesto polo 25N

O vindeiro martes 25N ás 12:00h concentrarémonos diante do Concello para ler o manifesto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende a Concellaría de Igualdade anímase a achegarse a quen queira e poida para manifestarmos o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista.
Manifesto polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha cita histórica e colectiva na que participa, por suposto, o Concello da Pobra do Brollón, para lembrar a nosa responsabilidade e actuar como motor de cambio e transformación cara a unha sociedade máis xusta, libre de violencias machistas, libre de todo […]
Cerca de 50 nenos e nenas beneficiáronse das actividades de conciliación de ‘a Guimaralia máis Corresponsable’

Remata o programa ‘a Guimaralia máis Corresponsable’ posto en marcha polo Concello da Pobra do Brollón dende maio ata setembro. Trátase dunha ampla oferta de actividades da que se beneficiaron cerca de 50 nenas e nenos ata 16 anos, ben empadroados na Pobra do Brollón ou con familia directa no Concello. O programa está concibido para […]
Celebramos o Día Internacional do Orgullo

Neste 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo, dende o Concello da Pobra do Brollón reclamamos a liberdade para sentir, ser e amar, hoxe e sempre! Aquí compartimos as actividades que temos preparadas ao longo de xullo para reivindicar e celebrar os dereitos LGTBIQ+.
A Pobra do Brollón conmemora o 25N–Día da eliminación da violencia contra as mulleres

Dende o Concello da Pobra do Brollón quixemos manifestar o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista cunha serie de accións desenvolvidas esta semana arredor do 25N, Día da eliminación da violencia contra as mulleres. Arrancamos o luns colgando dende os balcóns da Casa do Concello as pancartas reivindicativas para que estiveran visibles para […]
Concentración polo 25N

Este venres 24 de novembro, dende o Concello da Pobra do Brollón convócase unha concentración aberta para manifestar a noso rexeitamento a calquera tipo de violencia de xénero. Será ás 12:00 diante da Casa do Concello. Na concentración lerase o manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Trátase dunha das actividades organizadas […]
Amplíase o Campamento de Verán para facilitar a conciliación

Ampliamos o horario do Campamento de Verán para facilitar a conciliación laboral e familiar. O novo horario será de 8 da mañá a 4 da tarde, e ademais prolongarase ata o 31 de agosto. As familias poden elixir que horas usar o servizo segundo conveniencia. Actualmente as prazas están todas ocupadas polas familias xa inscritas no campamento […]
Programación para o 8 de Marzo 2023

Dende o Concello da Pobra do Brollón, anímase a todo o mundo a mobilizarse no 8M, Día Internacional da Muller, pola igualdade de xénero e os dereitos de todas as mulleres. O mércores 8 de marzo, ás 11:45 convócase unha concentración diante da Casa do Concello para a lectura do manifesto. Deseguido, haberá un espectáculo para todos os […]
Proxección de ‘ELAS’ este xoves 29 na Casa da Cultura

Hoxe xoves 29 proxectamos a serie de micro-documentais ELAS, coa presenza da súa realizadora, Lily Baker Föhring. ELAS é unha viaxe no tempo polas terras do concello veciño Pantón da man das nosas predecesoras. Con esta peza, Lily Baker busca recuperar as historias personais e a experiencia das mulleres do rural. Podes vela ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga […]
