982 430 001

Atención ciudadana

Celebramos o Festival das Letras o sábado 20 de maio

Este sábado 20 de maio celébrase o Festival das Letras Galegas con actuacións do alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro. O festival será a partir das 19:30 na área recreativa de Samugueiros da Pobra do Brollón. En caso de chuvia trasladarase á Casa da Cultura ‘Olga Novo’. No evento farase entrega dos premios dos Certames […]

A Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ estrea novo edificio

A Escola de Música municipal ‘Samoeiro’ da Pobra do Brollón xa conta con nova sede, con tres aulas moi grandes e luminosas para desenvolver a súa actividade, e mais un almacén.  A Escola leva quince anos ofertando unha ampla variedade de clases de música e baile a nenos e adultos, veciños na súa maioría na […]

O novo curso da Escola de Música Samoeiro comeza este xoves 13

Este xoves día 13 de outubro arranca o novo curso 2022-23 da Escola de Música municipal Samoeiro, coa excepción das clases de baile e pandeireta, que comezan o sábado 22 de outubro. Publicamos abaixo os horarios das materias. Estes horarios poden ser axustados polos profesores de mutuo acordo cos alumnos unha vez que comecen as clases.  Para […]

O novo curso da Escola de Música abriu o prazo de matrícula

Abriu o prazo de matrícula para o curso 2022-23 da Escola de Música municipal Samoeiro. Estará aberto dende hoxe ata o 30 de setembro. En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos. A maiores destas materias, […]

O Festival das Letras Galegas celébrase este sábado 21

O Festival das Letras Galegas celébrase este sábado 21 a partir das 18:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, na Pobra do Brollón. No festival actuará alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro, seguido do espectáculo ‘Hocus Pocus’ de Mago Paco.  Aproveitarase a ocasión para facer entrega dos premios do Certame das Letras Galegas así […]

Comeza este sábado o Ciclo Mestre Mateo con ‘O gran camiño’

Este sábado 26 arranca o Ciclo Mestre Mateo co filme O gran camiño, un documental que percorre as grandes rutas a pé do mundo.  A proxección será ás 20:00 na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Será seguida de foliada con barra e pinchos, en colaboración coa Escola municipal de Música Samoeiro. O Ciclo Mestre […]

A antropóloga Beatriz Busto presenta o seu libro sobre as pioneiras Pandereteiras de Mens

A antropóloga e etnomusicóloga Beatriz Busto Miramontes presentará na Casa da Cultura ‘Olga Novo’  o seu libro-CD Pandereteiras de Mens, publicado en 2021 por aCentral Folque. O libro profunda na vida das cinco Pandereteiras de Mens, que dende a comarca de Bergantiños, cruzaron fronteiras e racharon estereotipos coa súa música. Elas son as primeiras mulleres que, […]

Horarios da Escola de Música Samoeiro 2021-22

O novo curso 2021-2022 da Escola municipal de Música Samoeiro comezará o xoves 21 de outubro.  Os xoves haberá clases de acordeón, piano, guitarra e música e movemento. Os sábados serán as clases de baile tradicional, pandeireta e coro. Haberá grupos tanto en xoves como en sábado de gaita e frauta traveseira, así como de percusión. Consulta neste […]

Abre o prazo de matrícula na Escola de Música Samoeiro

Chega un novo curso da Escola de Música Municipal Samoeiro, cunha oferta de nove materias, entre as que se inclúe como novidade clases de guitarra. O prazo de matrícula estará aberto dende o 6 ata o 28 de setembro.  En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica […]

O Festival Samoeiro será o sábado 26 de xuño

O Festival fin de curso da Escola Municipal de Música Samoeiro será o sábado 26 de xuño a partir das 19:30, na área recreativa Samugueiros na Pobra do Brollón. O festival é unha ocasión para que os e as alumnos/as da Escola de Música poidan xuntarse e amosar o aprendido ó longo do curso. Aproveitarase a ocasión para […]