982 430 001

Atención ciudadana

Cultura

Celebramos o Festival das Letras o sábado 20 de maio

Este sábado 20 de maio celébrase o Festival das Letras Galegas con actuacións do alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro.

O festival será a partir das 19:30 na área recreativa de Samugueiros da Pobra do Brollón. En caso de chuvia trasladarase á Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

No evento farase entrega dos premios dos Certames de debuxo e narración das Letras Galegas que organiza a Biblioteca municipal. Tamén se entregarán os premios da Feira do Viño de Vilachá.