Edicto sobre a exhumación dunha fosa común en Fornelas

Hoxe 10 de agosto a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica comeza os traballos de localización e exhumación de unha fosa común situada no Cemiterio parroquial de Fornelas. Búscanse dúas víctimas da represión franquista asasinados en 1936: Gervasio González Rodríguez e Ildefonso Fernández. Os traballos desenvolveranse entre hoxe e mañá.
Bando sobre a xestión do biomasa

Debido ao alto nivel no índice de risco de incendio é conforme á Lei 3/2007, de 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, da Xunta de Galicia, o concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facernos […]
Bando sobre o consumo responsable de auga

Tendo conta a época estival na que nos atopamos e en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, ESTÁ PROHIBIDO: UTILIZAR A AUGA DOS ABASTECEMENTOS MUNICIPAIS PARA REGAR HORTAS, XARDÍNS, ENCHER PISCINAS E SIMILARES, debendo usar a auga exclusivamente para o consumo domiciliario. Toda infracción será sancionada […]
As persoas que cheguen a Galicia desde unha zona con alta incidencia epidemiolóxica terán que proporcionar os seus datos de contacto a Sanidade

PREME AQUÍ PARA VER A LISTA ACTUALIZADA DE PAÍSES E CCAA Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia, deberán comunicar os seus datos de contacto ás autoridades sanitarias, independentemente de que […]
Visitas guiadas verán 2020: Deseña o teu percorrido

Presentamos a nosa oferta de visitas guiadas gratuítas para este verán na Guimaralia. Trátase dun programa modular de visitas para que as persoas interesadas deseñen o seu propio percorrido. As visitas ofrécense dende o sábado 18 de xullo ao domingo 16 de agosto, tódolos días excepto luns. Polas mañás entre semana presentamos a oportunidade única […]
Abre o prazo para solicitar as axudas para empresas e emprendedores dentro do plan Prende! da Deputación

A Deputación de Lugo vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria das axudas a empresas e emprendedores dentro da segunda fase do plan Prende! Bota Raíces no Rural, impulsado pola institución provincial co obxectivo de fixar poboación moza nas zonas menos poboadas da provincia favorecendo a súa inserción no mercado laboral. A Deputación […]
Lanzamos ‘A todo bar!’ para incentivar o consumo na hostalería local

Xa está en marcha ‘A todo bar!’, unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón que consiste en sorteos de produtos locais para fomentar o consumo este verán nos bares e restaurantes do municipio. “É evidente que a hostalería foi un dos sectores máis danados pola crise sanitaria. Esta iniciativa é un xeito de apoiar […]
Suspéndese a Feira Guímara deste ano

Con motivo da situación sanitaria, o Concello da Pobra do Brollón viuse obrigado a suspender a edición deste ano da Feira Guímara. A feira medieval normalmente celébrase a segunda fin de semana de xullo, pero este ano non é posible. ‘É unha decisión que tomamos con moita tristura xa que somos conscientes da popularidade deste […]
Información sobre as axudas da área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra

A Pobra do Brollón é un dos 25 concellos incluídos na área de rehabilitación integral da Ribeira Sacra, a través da cal a Xunta de Galicia busca mellorar as vivendas en estado de abandono ou sen un mantemento adecuado, así como as instalacións públicas, vías de comunicación e dos espazos de relacións. A nivel de […]
Ábrese o prazo de inscrición no Campamento de Verán

Os nenos e nenas maiores de 4 anos xa se poden anotar ao Campamento de Verán organizado pola Biblioteca municipal. O campamento comezará o mércores 15 de xullo ata o 15 de agosto, e será de luns a venres de 11:00 a 13:30. As actividades faranse tanto na Casa da Cultura como na área recreativa ‘Samugueiros’. […]
