Medidas preventivas para evitar a propagación da Covid-19 en Galicia

A Xunta establece novas medidas restritivas que xa están en vigor para evitar a propagación da Covid-19 en Galicia. Publicamos abaixo a relación de medidas que atinxen a maior parte da Comunidade Autónoma, incluído A Pobra do Brollón. A Orde do DOG que recolle estas medidas pódese consultar aquí: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20201021/2463/AnuncioC3K1-211020-6_gl.html As medidas máis restritivas específicas de certos concellos pódense […]
As persoas interesadas en optar por unha das vivendas dos mestres deben rexistrarse como demandantes de vivenda antes do 15 de outubro

Avanzan as obras de rehabilitación do bloque oeste das antigas vivendas dos mestres, situadas no edificio a carón do colexio da Pobra do Brollón, para crear seis vivendas de aluguer social dun dormitorio. Para poder optar a elas, é necesario inscribirse antes do 15 de outubro no rexistro de demandantes de vivenda dentro do Programa […]
Curso de aproveitamento de biomasa forestal

Este sábado 26 ás 11:00 a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acolle un curso de aproveitamentos da biomasa residual das masas forestais. Está orientado a formar os titulares de parcelas forestais, personas comuneiras de montes veciñais en Man Común e persoal contratado por empresas forestais. Son catro horas lectivas. Para máis información e inscricións hai […]
Alerta amarela por chuvia e tormentas os días 17 e 18 de setembro

AEMET avisa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por tormentas e choiva, que segundo a previsión afectará as catro provincias de Galicia dende as 16:00 do día 17 de setembro ata a medianoite. O venres 18 prevese que afecte á Lugo (Montaña, Centro e A Mariña), A Coruña (Noroeste, Oeste, Interior) e Pontevedra (Interior) […]
ACTUALIZACIÓN 15/9 – Información sobre os PCR vinculados ao Centro de Saúde da Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN 15/9/20 Segundo os datos recibidos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, na última semana fixéronse 23 PCR con resultado negativo. Parte das PCR son probas protocolarias pola incorporación ao traballo do profesorado. Hai un PCR pendente de resultado. ——– Segundo información recibida do Sergas onte mércores 9, unha persoa residente no noso municipio […]
Retómase o servizo de conciliación familiar durante o curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón retoma o programa de conciliación laboral e familiar para o vindeiro curso escolar. Trátase dun servizo totalmente gratuíto para facilitar as familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. Este programa permite que os nenos e nenas estean […]
Actualización 3/9 – Información con respecto ás PCR realizadas na Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN 3/9 Todas as probas PCR realizadas en persoas residentes na Pobra do Brollón dende a aparición hai 3 semanas de varios gromos de Covid-19 en concellos limítrofes, deron un reultado negativo. Neste tempo realizáronse preto de 60 PCR, aínda que unha parte importante destas débense a probas protocolarias pola incorporación ao traballo de profesionais de certos sectores como […]
Redúcese atención no fogar e suspéndense eventos culturais ante os gromos de Covid-19 en concellos limítrofes

Redúcese a atención no fogar de Servizos Sociais e suspéndense os eventos culturais organizados polo Concello da Pobra do Brollón como medida de precaución ante os gromos de Covid-19 detectados nos últimos días en concellos limítrofes. O servizo de atención no fogar limitarase aos casos de maior necesidade de forma cautelar ante a situación da Residencia de Maiores […]
A Xunta publica novas medidas de prevención fronte ao Covid-19

Ante o aumento de contaxios de Covid-19 en Galicia, a Xunta anunciou novas medidas de prevención que lembramos xa están en marcha. As medidas publicadas no DOG establecen unhas normas: Prohibido fumar na vía pública ou en espazos ao aire libre se non se pode garantir a distancia de seguridade interpersoal (2 metros) Pechan discotecas e […]
Inspección técnica de vehículos

Os vindeiros días 15 e 16 de setembro desprazarase á Pobra do Brollón a Unidade Móbil da ITV para realizar a inspección técnica de vehículos agrícolas. Situarase na pista que vai ao campo de fútbol, en horario de 8:00 a 18:30 o martes 15 e de 8:00 a 15:30 o mércores 16. A solicitude da […]
