982 430 001

Atención ciudadana

Novo obradoiro de brindos o primeiro sábado de xuño

O sábado 3 de xuño, celebrarase un novo obradoiro de brindos guímaros. Desta volta, será no Furancho O Currio, na aldea de Trasmonte, Vilachá de Salvadur.  O obradoiro é de balde e aberto a todo o mundo, participaran ou non en obradoiros anteriores. Esta actividade é financiada con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU a través da […]

Celebramos o Festival das Letras o sábado 20 de maio

Este sábado 20 de maio celébrase o Festival das Letras Galegas con actuacións do alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro. O festival será a partir das 19:30 na área recreativa de Samugueiros da Pobra do Brollón. En caso de chuvia trasladarase á Casa da Cultura ‘Olga Novo’. No evento farase entrega dos premios dos Certames […]

Foliada Guímara en Fornelas o venres 12 de maio

O venres 12 de maio a partir das 20:30, celebramos unha Foliada Guímara para inaugurar o novo local social de Fornelas, A Pobra do Brollón. Haberá caldo cortesía da Asociación veciñal ‘A Fonte da Freita’ de Fornelas. Lembra pois, ademais dos instrumentos, levar cunca e culler! Para animar a foliada, actuará o grupo Lideira, un trío formado por músicos […]

III Obradoiro de Brindos Guímaros

O venres 21 de abril no bar Primeiro de Maio, na Pobra do Brollón, terá lugar o terceiro obradoiro de brindos guímaros. Será novamente a cargo do colectivo Erre Que Erre, formado por Alba María, Sara Marchena, Nuria Penas e Lorena Medela.  A actividade é aberta a todo o mundo, independentemente de se asistiran ou non […]

O segundo obradoiro de brindos será o venres 3 de marzo na Cantina de Julia

Tras o éxito do primeiro obradoiro en xaneiro, o Concello da Pobra do Brollón organiza un novo taller de brindos guímaros. Desta volta será o venres 3 de marzo ás 20:15 na Cantina de Julia, Salcedo. A formación é a cargo de Sara Marchena, Alba María, Nuria Penas e Lorena Medela. É aberta a todo o […]

Concurso do desfile de Entroido: Información

Desfile de Entroido 2023 Data: Sábado 18 de febreiro Hora e lugar: Saída ás 17:00 h dende o cruce da estrada de Saa, A Pobra do Brollón. Remate na Casa da Cultura con entrega de premios. Para participar hai que apuntarse antes das 13:30 horas do día 17 de febreiro na Biblioteca municipal (Casa da […]

A agrupación Bouba abre en Saa a primeira foliada guímara do ano

Volven as foliadas guímaras, que organiza o Concello da Pobra do Brollón dende o ano 2019 en colaboración cos veciños das distintas parroquias do municipio.  A primeira do ano 2023 será este sábado 11 no local social de Saa, en colaboración coa asociación veciñal desta parroquia. O evento comezará ás 20:00 h coa actuación de Bouba, un grupo […]

Programación do Entroido 2023

Nesta publicación e no cartel que incluímos abaixo podes ver toda a programación do Entroido na Pobra do Brollón, así como os eventos clave do Entroido salcedán.  Os venres 3, 10 e 17 | 20:15 | Casa da Cultura ‘Olga Novo’ | Ciclo de charlas “Desenmascarando o Entroido” Os martes 7 e 14 | 17:30 | Casa […]

Ciclo de charlas ‘Desenmascarando o Entroido’

O vindeiro venres, o antropólogo Rafa Quintía abre o ciclo Desenmascarando o Entroido coa súa charla “O Entroido en Galicia: Ritos, oficiantes e significados”. Será o 3 de febreiro ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. A entrada é libre. As seguintes charlas serán a cargo do artesán X.M. Seixas, cunha exposición e conversa sobre […]