982 430 001

Citizen attention

Volven os mércores de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

Volven á Pobra do Brollón os talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares. A actividade será todos os mércores a partir do 7 de xaneiro de 17:00 a 19:00 horas, na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’. Para participar hai que inscribirse nos teléfonos 651043792 ou 900100036, ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es. É unha actividade organizada […]

Ofrécense a partir de febreiro manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares

A partir do mércores 5 de febreiro, ofreceranse na Pobra do Brollón talleres de manualidades para pacientes oncolóxicos e familiares. Os talleres serán todos os mércores de febreiro a abril de 17:00 a 19:00 horas, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Para participar hai que inscribirse no teléfono 651043792 ou no correo electrónico lugo@contraelcancer.es. É […]

Abre o prazo de matrícula nas actividades para adultos do curso 2023-24

Abre o prazo de matrícula nas actividades do curso 2023-24 na Pobra do Brollón: ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades (ver horarios abaixo). A matrícula debe realizarse presencialmente do 24 ao 30 de agosto en horario de 9:00 a 14:00 horas, na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’). […]

Abre a preinscrición para as actividades do curso 2023-24

Abre o prazo de preinscrición nas actividades do curso 2023-24: ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades (ver horarios abaixo). Prevese comezar as actividades o día 1 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias. Para que as actividades poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para […]

As actividades de ximnasia e manualidades retómanse en febreiro

O vindeiro luns 3 de febreiro retómanse as actividades de ximnasia e manualidades polas parroquias do concello. A colaboración económica é a mesma que en edicións anteriores, 10 € para unha actividade; e 15 € para dúas actividades. A actividade de manualidades é semanal e a de ximnasia ofrécese dúas veces por semana.  Para asistir ás actividades as persoas interesadas deberán […]

Actualización horarios de manualidades e ximnasia

Xa están en marcha as actividades de manualidades e ximnasia, que teñen lugar en diferentes parroquias do Concello durante os meses de setembro, outubro e novembro. Aquí pódese consultar os horarios por parroquias de ambas actividades. Aínda se aceptan novos participantes. Para empezar as persoas interesadas deben asistir ao lugar da parroquia onde se imparten as […]

Comezan as actividades de manualidades e ximnasia

O luns 2 de setembro comezan as actividades de manualidades e ximnasia, durante os meses de setembro, outubro e novembro. Precísase un mínimo de 7 persoas para facer grupo. En caso de non facelo, os interesados terían que desprazarse a outra parroquia.  A colaboración económica continúa sendo de 10€ por unha actividade, ou 15€ para […]