O vindeiro luns 3 de febreiro retómanse as actividades de ximnasia e manualidades polas parroquias do concello.
A colaboración económica é a mesma que en edicións anteriores, 10 € para unha actividade; e 15 € para dúas actividades. A actividade de manualidades é semanal e a de ximnasia ofrécese dúas veces por semana.
Para asistir ás actividades as persoas interesadas deberán dirixirse ao lugar da súa parroquia onde de costume se imparten as actividades e facer o pagamento a súa monitora.
Séguese a precisar un mínimo de 7 persoas para facer grupo; en caso de non facelo, as persoas interesadas terían que desprazarse a outra parroquia. Se nalgunha parroquia a tempada pasada non se fixo grupo para algunha das actividades e este período si, poden comunicalo nas oficinas do Concello.
Na actualidade, hai grupos de ximnasia polas mañás en Cereixa, A Estación, Saa, Castroncelos e Salcedo e polas tardes en Piño, Pacios, A Ferreirúa, A Pobra, Canedo e Óutara. Hai grupos de manualidades formados en Saa, A Pobra, Eixón, Óutara, Canedo, Pacios e Salcedo.
Os horarios de cada grupo son os seguintes:
HORARIOS DE XIMNASIA
Horas | Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
10:00-11:00 |
| Saa |
|
| Saa |
11:00-12:00 | Cereixa | Castroncelos |
| Cereixa | Castroncelos |
12:00-13:00 | A Estación | Salcedo |
| A Estación | Salcedo |
| |||||
16:00-17:00 | Piño | Canedo | Piño | Canedo |
|
17:00-18:00 | Pacios | Outara | Pacios | Outara |
|
18:00-19:00 | Ferreirúa |
|
| Ferreirúa |
|
19:00-20:00 | A Pobra |
|
| A Pobra |
|
HORARIOS DE MANUALIDADES
Horas | Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
15:00–17:00 | Saa |
|
| Outara | Salcedo |
15:30–17:30 |
|
|
|
|
|
17:00-19:00 | Pobra |
|
| Canedo |
|
17:30-19:30 |
|
|
|
|
|
19:00-21:00 | Eixón |
|
| Pacios |
|





