Merendas Teatrais os sábados 14 e 28 de outubro

Os sábados 14 e 28 de outubro, dende o obradoiro de teatro con Merche Pérez, convidan a participar nunhas Merendas Teatrais. Serán de 16:00 a 18:00 no anfiteatro da área recreativa Samugueiros, ou en caso de chuvia, no pavillón municipal da Pobra do Brollón. Unha iniciativa aberta para que familias, amizades e veciñanza poidan gozar do […]
Un novo obradoiro de teatro con Merche Pérez comezará en setembro

Queres mergullarte no mundo do teatro? Xa está aberto o prazo de matrícula no novo obradoiro de teatro para a mocidade con Merche Pérez. O obradoiro terá lugar os luns e mércores dende o 4 de setembro ata o 20 de decembro, co seguinte horario: Grupo Educación Infantil (de 4 a 6 anos): De 16:00 […]
Información sobre o servizo de conciliación para o curso escolar 2023-24

O Concello da Pobra do Brollón retoma a partir do luns 11 de setembro o programa de conciliación laboral e familiar para o curso escolar 2023-24. É un servizo totalmente gratuito para axudar ás familias do noso concello salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. Este programa contempla […]
Aberto o prazo de inscrición no obradoiro de teatro de agosto

No mes de agosto volve o curso de teatro con Merche Pérez, desta volta cunh nova proposta integradora onde as nenas e nenos e as persoas maiores do Centro de Día da Pobra do Brollón, gozarán do xogo teatral e compartirán unha experiencia de vida lúdica, afectiva e creadora. O obradoiro está dirixido a nenas […]
Amplíase o Campamento de Verán para facilitar a conciliación

Ampliamos o horario do Campamento de Verán para facilitar a conciliación laboral e familiar. O novo horario será de 8 da mañá a 4 da tarde, e ademais prolongarase ata o 31 de agosto. As familias poden elixir que horas usar o servizo segundo conveniencia. Actualmente as prazas están todas ocupadas polas familias xa inscritas no campamento […]
Volve o Campamento de Verán

En xullo volve o Campamento de Verán da Pobra do Brollón. Este ano, con novos obradoiros extra divertidos: actividades na natureza, arqueoloxía, creación de xogos, xornalistas da Guimaralia… O campamento ten un custo total de 10€. Ofrecerase de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00, dende o 3 de xullo ata o 11 de agosto. Está […]
Comeza un curso de teatro para a mocidade a partir do 3 de abril

O luns 3 de abril comeza na Pobra do Brollón un curso de teatro para a mocidade de entre 3 e 17 anos. De carácter gratuíto, o obxectivo do curso é aproximar as e os participantes ao mundo do teatro a partir do xogo dramático. As clases impartiranse ao longo do ano na Casa da Cultura ‘Olga […]
A Cabalgata dos Reis Magos percorrerá A Pobra

Este xoves 5 de xaneiro os Reis Magos, acompañados polos gaiteiros da Escola municipal de Música Samoeiro, percorrerán as rúas da Pobra do Brollón. Sairán ás 16:30 do Centro de Día. A cabalgata rematará na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, coa entrega dos premios do Concurso de Tapas, e dos Certames de Poesía e de Postais de Nadal. Tamén haberá […]
‘Consertasso na horta’, un espectáculo para todos os públicos este xoves 22 na Casa da Cultura

Este xoves 22 ás 18:00h, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón acollerá o ‘Consertasso na Horta’. O evento forma parte da programación municipal ‘Nadal na Guimaralia’. É para todos os públicos e a entrada é de balde. Neste espectáculo o músico Brais das Hortas interpretará a diversos personaxes que farán pasar […]
Nadal na Guimaralia

Este Nadal na Pobra do Brollón temos unha ampla programación para todos os gustos e idades. E de balde! Sábado 17 de decembro ás 20:15 na Casa da Cultura. Concerto de Xabier Vizcaíno (Entrada solidaria para o banco de alimentos) Xoves 22 de decembro ás 18:00 na Casa da Cultura. Consertasso na Horta de Brais das Hortas Venres 23 de decembro. Saída […]
