982 430 001

Citizen attention

Entroido 2025: Compadres e Comadres

Para celebrar os días de Compadres e Comadres de Entroido, o Concello da Pobra do Brollón organiza un concurso destas figuras, así como uns obradoiros infantís para a súa elaboración. Os propios días de Compadres e Comadres, os xoves 20 e 27 de febreiro, o Concello convoca un concurso para premiar as mellores figuras, segundo […]

Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2024’

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2024’. Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos, habendo tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos. Os poemas deben estar escritos en galego e ocupar como máximo […]

Información das actividades de conciliación familiar durante o curso escolar

O Concello da Pobra do Brollón ofrece actividades de conciliación familiar para as crianzas da Pobra do Brollón durante o curso escolar 2024-25. O servizo ofrécese de luns a venres, en horario á saída do colexio de 15:45 a 17:45 horas. As actividades son lúdicas e socioeducativas, incluíndo dous días de actividades deportivas. O servizo […]

O 16 de setembro comezan as actividades deportivas infantís

A partir da semana que vén e durante todo o curso escolar, dende o Concello da Pobra do Brollón ofrecemos ás nenas e nenos a posibilidade de realizar actividades deportivas á saída do colexio. Ofreceranse os luns e mércores durante todo o curso escolar 2024-25.   As actividades comezarán o luns 16 de setembro. Durante […]

A Guimaralia máis corresponsable, tamén no verán

O programa de conciliación A Guimaralia máis Corresponsable, continúa ao longo do verán. Dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, ofrécense actividades lúdicas e socioeducativas para nenas e nenos entre 3 e 16 anos: xogos e dinámicas de equipo, arte e manualidades, deporte, animación á lectura e apoio socioeducativo.  O horario das actividades será […]

A Guimaralia máis Corresponsable

‘A Guimaralia máis Corresponsable’, comprende unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e mulleres no centro. Consulta a oferta de actividades para adultos aquí. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e […]

Comezan as primeiras actividades do programa ‘A Guimaralia máis Corresponsable’

Arranca o programa do Plan Corresponsables na Pobra do Brollón: ‘A Guimaralia máis Corresponsable’, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.  Haberá unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e […]

Obradoiro Entroideirx: Información

Dentro da programación de Entroido do Concello da Pobra do Brollón, inclúese o Obradoiro Entroideirx, dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos. Será o domingo 4 de febreiro ás 17:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, cunha duración aproximada de 2 horas e media. Neste taller artístico, debullaremos xogando, construíndo e divertíndonos […]

Aberto o prazo para participar no Certame de Poesía Infantil Nadal 2023

A Biblioteca Pública municipal ‘Antonio Reboiro’ convoca o Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2023’.  Pode participar calquera nena ou neno, rapaza ou rapaz ata os 16 anos. O prazo de presentación remata o 22 de decembro, debendo ser entregados os poemas na Biblioteca municipal da Pobra do Brollón (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2º andar). Os […]

A Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño visita A Pobra do Brollón este xoves 19

Este xoves 19 de outubro, A Pobra do Brollón recibirá a visita de Yolanda Castaño, recentemente distinguida co Premio Nacional de Poesía 2023, así como co Premio da Cultura Galega na categoría de Letras. A poeta impartirá dúas actividades, ambas enmarcadas no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. A actividade de mañá será […]