982 430 001

Citizen attention

Culture

Abre o prazo de matrícula na Escola de Música Samoeiro

Chega un novo curso da Escola de Música Municipal Samoeiro, cunha oferta de nove materias, entre as que se inclúe como novidade clases de guitarra. O prazo de matrícula estará aberto dende o 6 ata o 28 de setembro. 

En tódalas materias excepto coro, pódense facer grupos para adultos e nenos. Ademais, ofrécese unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos.

Ademais das materias xa mencionadas, ofrécense clases de baile tradicional galego, acordeón, gaita, percusión tradicional, frauta e piano. 

O prezo anual da matrícula nunha materia son 90€. Para cada materia adicional, son 45€. Ademais hai un prezo reducido para membros dunha mesma unidade familiar (75€ unha materia e 35€ por cada materia adicional). Enténdese por unidade familiar a formada por unha parella ou os fillos de calquera deles que figuren empadroados no mesmo domicilio.

O pago ten que ser domiciliado obrigatoriamente. Pódese fraccionar o pago. Poden matricularse persoas residentes tanto na Pobra do Brollón como noutros concellos.

A matrícula realízase de xeito presencial na biblioteca municipal sita na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, en horario de 11:00 a 13:30. Para máis información, pódese chamar ao teléfono 982 430 546.