982 430 001

Citizen attention

Confírmase a segunda campaña de escavación en Os Conventos, Vilachá de Salvadur

Un equipo multidisciplinar realizará a partir da segunda quincena de xullo unha campaña arqueolóxica no lugar de Os Conventos, en Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón. Trátase da segunda escavación neste lugar, trala primeira campaña que realizouse con éxito na primavera de 2019. A intervención está enmarcada no proxecto etnoarqueolóxico Adegas da Memoria, que […]

O Programa Galego de Detección Precoz de Cáncer de Mama chega á Pobra do Brollón

Dende hoxe as mulleres do Concello da Pobra do Brollón de entre 50 e 69 anos comezarán a ser citadas para que participen no Programa Galego de Detección Precoz de Cáncer de Mama. Serán citadas por carta as mulleres que teñan tarxeta sanitaria do SERGAS. Pero aquelas mulleres que non teñan cobertura sanitaria (que non teña […]

Comeza a tempada de alto risco de incendios forestais

A campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia comezou o 1 de xullo e estenderase ata o 30 de setembro. Isto supón a suspensión das queimas, polo que quedou interrompida a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, así como a dos permisos para as queimas forestais. Existe un teléfono anónimo e gratuíto para […]

Seguintes paradas en xullo do Punto Limpo móbil

Actualmente o punto limpo móbil atópase xunto ao local social de Pacios de Veiga, onde ficará ata o xoves 2 de xullo.  As seguintes paradas programadas de xullo son: Veiga (ao lado da fonte) de venres 3 a domingo 5 de xullo Santalla de Rei (na área recreativa) de luns 6 a mércores 8 Ferreirúa (no souto) […]

Reintegrarase ao alumnado da Escola municipal de Música parte do pago da matrícula

O alumnado da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ poderá recibir a parte proporcional do pago das clases que se tiveron que suspender a causa do Covid-19. A Escola pechou o 13 de marzo, en canto se activou a situación de emerxencia sanitaria en Galicia. Os e as alumnas poderán pasar polas oficinas do Concello da Pobra do […]

Información sobre o Ingreso Mínimo Vital

O Ingreso Mínimo Vital trátase dunha prestación da Seguridade Social para garantir uns ingresos mínimos ás persoas residentes en España. Canto é o Ingreso Mínimo Vital? A renda garantida será de 462 euros ao mes para unha persoa adulta que viva soa. Cando se trata dunha unidade de convivencia esta cantidade incrementarase en 139 euros […]

As novas condicións trala saída do estado de alarma

A partir de hoxe luns, Galicia entra nunha nova etapa rexida polo Real Decreto lei 21/2020 – que concreta a chamada “nova normalidade” – e polas normas ditadas polo Goberno autonómico, que se poden consultar na resolución publicada no DOG o sábado. Estes son algúns dos cambios máis importantes entre a fase 3 na que estabamos a […]

Próximas paradas do punto limpo móbil

O punto limpo móbil continúa o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón. Actualmente atópase en Fornelas, onde estará ata o domingo ao carón da casa do cura. As seguintes paradas serán: Eixón (xunto ao local social) de luns 15 a mércores 17 Piño (xunto ao local social) de xoves 18 a domingo 21 Óutara (xunto ao local social) de […]