982 430 001

Citizen attention

O Albergue municipal da Pobra do Brollón cumpre seis meses

O Albergue municipal, situado ao carón do colexio na Avenida de Outeiro, cumpre seis meses dende que abriu a mediados de xullo do ano pasado. Falamos coa concesionaria da xestión, Anabel Alves, para repasar como lles foi, e as súas perspectivas para o 2024. Conta Anabel que dende que abriron, as 36 prazas do albergue tiveron unha […]

Lanzamos unha campaña para fomentar a compostaxe doméstica

O Concello da Pobra do Brollón proporcionará, de balde, composteiros e asesoramento para que a veciñanza que dispón dun pequeno terreo, poida autoxestionar os residuos orgánicos que se producen no fogar. Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel económico como a nivel […]

Este venres arranca o XIV Concurso de Tapas da Pobra do Brollón

Celébrase do 1 ao 8 de decembro en seis bares repartidos por todo o municipio Todas as tapas deben levar ao menos un ingrediente dun produtor local Este venres comeza na Pobra do Brollón a edición XIV do Concurso de Tapas da Guimaralia. Ata o día 8 poderanse probar as propostas dos seis bares participantes e […]

A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra este xoves 30

A Unidade Móbil de doazón de sangue estará na Pobra do Brollón este xoves 30 de novembro. Estacionarase de 16:00 a 18:30 diante do cuartel da Garda Civil.  Se tes máis de 18 anos e pesas máis de 50 kg, achégate pola Unidade Móbil. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros. Para doar, […]

A Pobra do Brollón conmemora o 25N–Día da eliminación da violencia contra as mulleres

Dende o Concello da Pobra do Brollón quixemos manifestar o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista cunha serie de accións desenvolvidas esta semana arredor do 25N, Día da eliminación da violencia contra as mulleres. Arrancamos o luns colgando dende os balcóns da Casa do Concello as pancartas reivindicativas para que estiveran visibles para […]

Concentración polo 25N

Este venres 24 de novembro, dende o Concello da Pobra do Brollón convócase unha concentración aberta para manifestar a noso rexeitamento a calquera tipo de violencia de xénero. Será ás 12:00 diante da Casa do Concello. Na concentración lerase o manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Trátase dunha das actividades organizadas […]

Comeza a edición 2023-24 do Obradoiro de Emprego

Comeza a edición 2023-24 do Obradoiro dual de Emprego. A presentación foi o venres pasado no Incio, concello promotor desta nova edición. Na Pobra do Brollón participarán 7 alumnos e alumnas, que realizarán ao longo dos vindeiros 12 meses actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. O obradoiro de emprego realízase grazas a […]

Un novo servizo de recollida domiciliaria de residuos comeza a finais de novembro

O Concello da Pobra do Brollón levará a cabo, de xeito escalonado, un servizo extraordinario e gratuíto de recollida domiciliaria de residuos polas parroquias.  Este servizo comezará no mes de novembro do 2023 nas datas que se detallan abaixo. Para solicitar a recollida deben chamar ao teléfono 982 430 001 de luns a venres de 9:00 a 13:00, indicando o nome, […]