982 430 001

Citizen attention

Aberto o período de inscricións para o III Trail Capela San Vitoiro

O sábado 7 de setembro celebrarase o III Trail e Andaina Capela San Vitoiro, unha boa oportunidade para explorar os camiños da Pobra do Brollón facendo deporte e desfrutando dun ambiente festivo. Como en edicións anteriores, haberá dúas modalidades de trail: o longo de 28 km e un minitrail de 14 km. Ademais, como novidade […]

Celebramos o Día Internacional do Orgullo

Neste 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo, dende o Concello da Pobra do Brollón reclamamos a liberdade para sentir, ser e amar, hoxe e sempre! Aquí compartimos as actividades que temos preparadas ao longo de xullo para reivindicar e celebrar os dereitos LGTBIQ+.

O Punto Limpo Móbil volve circular polas parroquias a partir do 2 de xullo

O Concello da Pobra do Brollón, no seu propósito de respecto polo medio ambiente a partir dunha mellor xestión dos residuos xerados nos fogares, pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que comezará o seu percorrido polas parroquias o 2 de xullo. No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa posterior […]

Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2024

O Concello da Pobra do Brollón participa no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos para o ano 2024, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo.  A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan repartiuse entre investimentos, programas de Servizo de Axuda no Fogar, reforzo de emprego, actividades culturais, actuacións turísticas, e administración electrónica e protección de […]

A Guimaralia máis Corresponsable: Programación para adultos

O programa A Guimaralia máis Corresponsable, ademais de actividades infantís para facilitar a conciliación familiar, tamén contempla actividades formativas e divulgativas para adultos. Abaixo incluímos a relación de actividades da programación para adultos. A primeira actividade prevista dá comezo a un ciclo de ‘charlas pola igualdade’ a cargo da formadora en igualdade, Carmen Abuín. A […]

O 26 de xuño comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas

O Concello da Pobra do Brollón pon ao dispor dos agricultores e gandeiros do municipio unha rede de puntos de acopio para estes residuos que son recollidos polo propio Concello. O vindeiro 26 de xuño comeza unha nova recollida de plásticos agrícolas, o que se pon en coñecemeto dos/as usuarios/as para que depositen os seus plásticos […]

A Guimaralia máis corresponsable, tamén no verán

O programa de conciliación A Guimaralia máis Corresponsable, continúa ao longo do verán. Dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, ofrécense actividades lúdicas e socioeducativas para nenas e nenos entre 3 e 16 anos: xogos e dinámicas de equipo, arte e manualidades, deporte, animación á lectura e apoio socioeducativo.  O horario das actividades será […]