982 430 001

Citizen attention

 O día 10 de abril celebramos o II Festival do Brindo

Dentro das iniciativas que desenvolve a Concellaría de Cultura do Concello da Pobra do Brollón para recuperar a nosa tradición oral, destaca o Festival do Brindo. Este ano a cita chega á súa II edición. Terá lugar na Casa da Cultura “Olga Novo”, o mércores, 10 de abril ás 19.00h. Participarán desta Regueifesta: Olga Novo, Séchu Sende, […]

Visitas guiadas na Pobra do Brollón en Semana Santa

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha na Semana Santa, visitas guiadas. Do 13 ao 19 de abril cóntase con dúas propostas para non perderse, Adegas da Memoria e Castro de San Lourenzo. Adegas da Memoria, ofrece un paseo que une o conxunto de adegas tradicionais de Vilachá co Miradoiro da Capela sobre a Ribeira […]

Campamento de primavera en Cereixa

Cereixa acolle do 14 ao 17 de abril un Campamento de primavera destinado a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos. A actividade encádrase nas propostas do proxecto educativo sen ánimo de lucro, Altair Galiza. Para participar é necesario inscribirse a través do correo seteportaslaltair@gmail.com ou do teléfono 676 51 55 93. O obxectivo do campamento é aproveitar […]

VI Festival de Corais A Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón organiza o VI Festival de Corais A Pobra do Brollón.  A cita será na Casa da Cultura Olga Novo, o sábado 6 de abril ás 19.00 h. Actuarán: Coral Polifónica Costumes de Bergondo Coral Berea de Sober Coral Polifónica da Escola de Música Samoeiro da Pobra do Brollón

A Trastenda dos Contos

O día 8 de Marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, por tal motivo o Concello organiza este venres unha cea para mulleres no restaurante O Fogón, a partir das 21.00 horas. Pero a celebración ampliarase ata o 11 de febreiro, porque nesa xornada, o Concello organiza actividades sobre igualdade, destinadas a todos os públicos. […]

O Concello da Pobra do Brollón colabora coa celebración do Entroido de Salcedo con 2.500 euros

O Concello da Pobra do Brollón asinou, o 21 de febreiro, convenio coa Asociación de Veciños de Salcedo para a celebración do Entroido de Salcedo. O convenio recolle que entre as “competencias do Concello está o apoio, desenvolvemento e difusión da cultura en toda a súa extensión, con especial atención a aquela que ten carácter tradicional e a que desde o ámbito do […]

I Ciclo de Cine e Máis, Rural Galego na Pobra do Brollón

No ánimo de seguir divulgando a cultura galega a través do cine, o Concello da Pobra do Brollón, pon en marcha unha nova iniciativa multidisciplinar á que incorpora, tamén, actividades para a reflexión sobre o rural galego. Despois de celebrar en novembro, o I Ciclo de Cinema Galego e de vir de colaborar na promoción da 4º […]

25 de febreiro, Día de Rosalía na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal da Pobra do Brollón celebra o día 25 de febreiro, o día de Rosalía. A partir das 11.30 da mañá contarase coa escritora, Mónica Sánchez. As citas coa cultura non son para perderse. Agardámoste!!

Todo preparado para o tradicional entroido de Salcedo

Ademáis de abrir coas tradicionais funcións teatrais que terán lugar ás 22.00 da noite no local social de Salcedo; o domingo, día 3 de marzo, véspera da saída do oso, contarase coa proxección do documental Mar de Terra de Kepa Junquera. O documental que abría a XXIII edición del Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, […]