982 430 001

Citizen attention

Ideas de cultura para a corentena

Debido á situación sanitaria actual estamos todos e todas chamados a limitar a nosa vida fóra da casa, co obxectivo de frear a curva de contaxio do coronavirus. Para que estes días sexan máis doados de levar, o técnico de cultura do Concello Xosé Gago propón unha serie de recursos gratuítos e dispoñibles na rede […]

Teatro para conmemorar o Día de Rosalía

Na Pobra do Brollón conmemórase o Día de Rosalía de Castro cunha obra teatral, ‘A pluma viva de Rosalía’, montada a partir de textos da escritora pola compañía Os Quinquilláns. O evento será o domingo 1 de marzo ás 18:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e a entrada é libre e gratuíta. A montaxe, […]

Recordamos os compadres e comadres tradicionais con Clarita de Basco

Este xoves, repartidos por diferentes puntos do concello, poderemos admirar os Compadres. Actualmente, a maioría fanse a tamaño case natural, con roupa vella e recheos de papel. Para as caras, fotos de homes – ou de mulleres no caso das Comadres – da parroquia, asociación ou organización (o Centro de Día, o colexio…) onde se […]

A terceira Foliada Guímara será na Ferreirúa

O próximo venres 24 terá lugar a terceira foliada do ciclo organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, en colaboración coas diferentes asociacións veciñais do Concello. Esta terceira Foliada Guímara será o venres 24 a partir das 21:00 horas no local social da Ferreirúa (coordenadas: 42.59923, -7.39101), en […]

Cerca de 200 persoas asistiron á proxección solidaria de ‘O que arde’

O derradeiro domingo de 2019, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acolleu a proxección solidaria da afamada película de Oliver Laxe, O que arde, que xa foi descrito como o filme galego do ano. Cerca de 200 persoas asistiron á proxección, da que houbo dous pases a tarde do domingo 29. Acadouse así máis de 200 kg de […]

Entrada solidaria para ver ‘O que arde’ este Nadal

O domingo 29 de decembro proxectarase na Pobra do Brollón O que arde, a afamada película de Oliver Laxe, nomeada a catro premios nos próximos Goya.  A proxección será na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e haberá dúas sesións, ás 18:00 e ás 20:00. A entrada para ver a película é solidaria: pídese un donativo dun […]

Chega a segunda Foliada Guímara coa participación de Xerezade

(Na foto, membros de Xerezade nunha actuación do grupo no festival Terra Brava en 2019 / Autoría foto: Dani Castaño) Este venres 8 chega a segunda cita do ciclo de foliadas organizado polo Concello da Pobra do Brollón e a Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, en colaboración coas diferentes asociacións veciñais do Concello. Esta segunda […]

Cine para pensar co ciclo ‘Grandes Temas do Noso Tempo’

Este xoves 7 comeza na Pobra do Brollón o ciclo de cine ‘Grandes temas do noso tempo’, unha proposta do Concello para as noitiñas dos xoves de novembro. As proxeccións serán ás 20:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e tratarán temáticas de peso na actualidade como o cambio climático, a auxe da estrema dereita […]

Aberto o prazo de inscrición na novena edición dos Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón celebrará o sábado 7 de decembro a IX edición dos Cantos de Taberna. Xa está aberto o prazo de inscrición para os grupos interesados en participar nesta popular cita anual nos bares guímaros. Os grupos recibirán un agasallo pola participación, ademais dun convite para a Feira do Viño de Vilachá, que […]

Un convite para ‘debuler’ lendas na Biblioteca

Para conmemorar o Día da Biblioteca, este venres nenos e nenas están convidados á biblioteca municipal da Pobra do Brollón a un espectáculo con Tarabelos para ‘debuler’: debuxar o que se le.  A cita trátase dun espectáculo que mestura narración oral, ilustracións e a técnica xaponesa centenaria kamishibai para descubrir o valor de lendas como piratas, […]