Conclúe o Ciclo Mestre Mateo con ‘No somos nada’ este domingo

Revive 40 anos de historia da lendaria banda de punk vasca La Polla Records con ‘No somos nada’, última proxección do Ciclo Mestre Mateo. Será este domingo 26 ás 19:00h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Con motivo dunha xira sorpresa tras anos de silencio, o carismático vocalista Evaristo Páramos fai memoria dende a súa […]
Proxectamos o documental ‘O médico dos pobres’ este domingo 19

O documental O médico dos pobres recolle a historia de Manuel Díaz González, ‘o Pequeniño do Incio’, asasinado por falanxistas en 1936. Proxectarémolo este domingo 19 de novembro ás 19:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. Haberá presentación e posterior coloquio con Patricia Castro e Julio Costa, da asociación A Memoria é Náufraga, impulsora do […]
Charla sobre a toponimia da Pobra do Brollón o 10 de novembro

O programa Toponimízate chega á Pobra do Brollón para achegar ao público a orixe e significado dos topónimos do noso municipio. A charla será o venres 10 de novembro ás 19:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ e é aberta a toda a veciñanza. Durante a charla, darase conta do significado dos nomes de parroquias e […]
Teatro ambulante polas parroquias con Merche Pérez

Todos os sábados de novembro, o obradoiro de teatro con Merche Pérez Mundo Rural Mundo Cultural inicia con entusiasmo a súa primeira viaxe para achegar o teatro ás asociacións veciñais e parroquias do Concello da Pobra do Brollón. Realizarase un pequeno obradoiro de teatro dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos que sintan a curiosidade de […]
A Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño visita A Pobra do Brollón este xoves 19

Este xoves 19 de outubro, A Pobra do Brollón recibirá a visita de Yolanda Castaño, recentemente distinguida co Premio Nacional de Poesía 2023, así como co Premio da Cultura Galega na categoría de Letras. A poeta impartirá dúas actividades, ambas enmarcadas no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia. A actividade de mañá será […]
Merendas Teatrais os sábados 14 e 28 de outubro

Os sábados 14 e 28 de outubro, dende o obradoiro de teatro con Merche Pérez, convidan a participar nunhas Merendas Teatrais. Serán de 16:00 a 18:00 no anfiteatro da área recreativa Samugueiros, ou en caso de chuvia, no pavillón municipal da Pobra do Brollón. Unha iniciativa aberta para que familias, amizades e veciñanza poidan gozar do […]
Proxectamos ‘O corpo aberto’ este domingo 1 de outubro no Ciclo Mestre Mateo

O Ciclo Mestre Mateo continúa este domingo 1 de outubro coa película ‘O corpo aberto’, gañadora de 12 premios Mestre Mateo, entre eles, Mellor longametraxe, Mellor guión e Mellor interpretación masculina protagonista. A proxección será ás 19:00 horas na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. Sinopse da película: 1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha […]
Empezaron os traballos de restauración da entrada e muralla monumental de Penas do Castelo en Salcedo

Os traballos están financiados pola Consellería de Cultura da Xunta no marco do proxecto de ‘arqueoloxía de aldea’ Penas do Castelo. A previsión é que duren un par de semanas e que a zona quede lista e acondicionada para visitas Na campaña do ano pasado en Penas do Castelo, situado na parroquia de Salcedo, Concello […]
Abre o prazo de matrícula na Escola de Música do 21 ao 30 de setembro

Dende este xoves 21 de setembro ata o 30 de setembro, estará aberto o prazo de matrícula para o novo curso 2023-24 da Escola de Música municipal da Pobra do Brollón. A matrícula pode realizarse a través da Sede Electrónica ou presencialmente na Biblioteca municipal, os luns en horario de tarde (de 15:30 a 20:00 […]
Retomamos o Ciclo Mestre Mateo con ‘A foreign song’

Tras a pausa do verán, volve o Ciclo Mestre Mateo para amosar o mellor cine galego actual. A primeira proxección será este domingo 17 de setembro ás 19:00h na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, co filme A foreign song, dirixido por César Souto. Trátase dun documental realizado a partir de poemas e cartas do poeta estadounidense Wallace Stevens. Sobre Wallace […]
