O equipo de axentes ambientais retoma a atención ao público no Concello

O equipo de axentes ambientais adscritos ao Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00h na Casa do Concello da Pobra do Brollón. O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público de xeito altruísta sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión […]
Ampliación do saneamento da aldea modelo de Parada dos Montes

Agader concedeu ao Concello da Pobra do Brollón unha subvención para o proxecto solicitado ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023, pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural […]
O equipo de axentes ambientais suspende a atención ao público ata novo aviso

Informamos de que, por motivos de carga de traballo, o equipo de axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos vese na obriga de suspender ata novo aviso o servizo de atención ao público que ata agora estaba a ofrecer os mércores no Concello da Pobra do Brollón. Para calquera consulta, o teléfono de contacto da […]
O equipo de axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos atende ao público os mércores no Concello

O novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Distrito VIII-Terra de Lemos atenderá aos cidadáns e cidadás todos os mércores de 11:00 a 13:00h na Casa do Concello da Pobra do Brollón. O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención ao público de xeito altruísta sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal […]
Que futuro queremos para os nosos montes comunais? Xuntanza o martes 21 de maio

No marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, o vindeiro 21 de maio ás 18:00h celebrarase unha xuntanza da comunidade de aprendizaxe sobre Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, no Salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. Nela explorarase as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes […]
Convócase unha xuntanza para presentar o novo equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello

Este venres 5 de abril o Concello da Pobra do Brollón e os axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos convocan unha xuntanza ás 18:30 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ (A Pobra do Brollón). A convocatoria está dirixida a comunidades de montes, asociacións veciñais, asociacións culturais, sociedade cinexética, pedáneos e veciños/as do Concello en […]
Xornada ‘Experiencias agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña’ o sábado 2 de decembro

A Pobra do Brollón acolle a xornada ‘Actividades agro-gandeiras fronte aos incendios na montaña’ o vindeiro sábado 2 de decembro. Daranse a coñecer experiencias de diferentes lugares de Galicia, incluídas dúas locais da man de Alex Villa en Marcón (A Ferreirúa) e Marcos Ferreira de Parada dos Montes. É preciso inscribirse antes do 28 de novembro […]
Xornadas sobre aproveitamentos do monte en Parada dos Montes

A fin de semana do 22 ao 24 de outubro (venres á tarde, sábado todo o día e domingo á mañá) celébranse en Parada dos Montes unhas xornadas sobre experiencias de éxitos e fracasos en aproveitamentos ‘diferentes’ do monte. Ademais de charlas con expertos en diversos temas, haberá unha demostración dun serradoiro móbil e unha […]
