982 430 001

Atención cidadá

O CIM Móbil estará novamente na Pobra do Brollón o venres 11 de setembro

O CIM Móbil estará na Pobra do Brollón o venres 11 de setembro para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres. O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM). Está dirixido a […]

A Pobra do Brollón conmemora o 25N–Día da eliminación da violencia contra as mulleres

Dende o Concello da Pobra do Brollón quixemos manifestar o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista cunha serie de accións desenvolvidas esta semana arredor do 25N, Día da eliminación da violencia contra as mulleres. Arrancamos o luns colgando dende os balcóns da Casa do Concello as pancartas reivindicativas para que estiveran visibles para […]

Concentración polo 25N

Este venres 24 de novembro, dende o Concello da Pobra do Brollón convócase unha concentración aberta para manifestar a noso rexeitamento a calquera tipo de violencia de xénero. Será ás 12:00 diante da Casa do Concello. Na concentración lerase o manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Trátase dunha das actividades organizadas […]

A Pobra do Brollón pola educación en igualdade no 25N

O Concello da Pobra do Brollón apostou pola educación en igualdade para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Como parte das actividades municipais polo 25-N, entregouse a cada estudante do CEIP A Pobra do Brollón un xogo didáctico de Os Bolechas que traballa a igualdade de xénero de xeito lúdico […]

Recursos para mulleres en situación de trata ou de explotación sexual ou nunha situación de vulnerabilidade social en contextos de prostitución

As mulleres vítimas de trata e explotación sexual son persoas utilizadas como mercancía e sometidas ao control doutras persoas, polo que sofren unha grave vulneración dos seus dereitos. Tamén outras mulleres en contextos de prostitución na circunstancia actual do estado de alarma están a ser ameazadas debido á falta de acceso a servizos básicos. O Ministerio […]