982 430 001

Atención cidadá

Escapada á Guimaralia en colaboración co Albergue da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón colabora co Albergue municipal cunha proposta dunha fin de semana completa para coñecer toda a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do noso municipio. Será dende a tarde do sábado 8 ata a tarde do domingo 9 de xuño. O prezo son 65€ por persoa que inclúe todas as actividades, a […]

Fin de semana de foliada, festa e teatro na Pobra do Brollón

Comeza unha fin de semana na Pobra do Brollón cunha intensa actividade cultural e festiva. A programación arranca este venres 26 cunha ‘foliada guímara’ na parroquia de Eixón.  Aproveitando o patrón da parroquia, San Xurxo, será unha foliada con temática literaria na que se anima aos asistentes a levar algún libro de segunda man para […]

A XXXI Feira do Viño de Vilachá celebrarase a primeira fin de semana de maio

A Feira celebrarase tres días seguidos, dende o venres 3 ata domingo 5 Entre a programación, unha cata musicada e outra das IXP de Galicia A Feira do Viño de Vilachá celebra a súa edición número 31 a primeira fin de semana de maio no conxunto de adegas medievais da Abelaira, parroquia de Vilachá de […]

Esta Semana Santa coñece a Ribeira Sacra guímara

Esta Semana Santa coñece a Ribeira Sacra guímara a través do programa de visitas guiadas do Concello da Pobra do Brollón. Do sábado 23 ao domingo 31 de marzo, ofrécense dúas visitas guiadas, que se poden combinar con dúas ‘experiencias vitivinícolas’, todas na parroquia de Vilachá de Salvadur. Tanto para as visitas guiadas como para […]

Un novo obradoiro de brindos chega este sábado ao Furancho O Currio

O taller será no Furancho O Currio na aldea de Trasmonte, Vilachá de Salvadur O Furancho tamén organiza a súa segunda convivencia poética rematando o domingo en vermú aberto ao público Esta fin de semana retómase a actividade ‘Guimaralia: Acción Cultural’ dando continuidade aos obradoiros de brindos guímaros organizados dende o Concello da Pobra do […]

Novo obradoiro de brindos o primeiro sábado de xuño

O sábado 3 de xuño, celebrarase un novo obradoiro de brindos guímaros. Desta volta, será no Furancho O Currio, na aldea de Trasmonte, Vilachá de Salvadur.  O obradoiro é de balde e aberto a todo o mundo, participaran ou non en obradoiros anteriores. Esta actividade é financiada con fondos da Unión Europea-NextGenerationEU a través da […]

Coñece a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa

O Concello da Pobra do Brollón presenta o seu programa turístico para dar a coñecer a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa. Do sábado 1 ao domingo 9 de abril, ofrécense dúas visitas guiadas a elixir, que se poden combinar con dúas ‘experiencias vitivinícolas’ en diferentes puntos da parroquia de Vilachá de Salvadur. Tanto para […]

Déixate Guiar 2022

Ofrecemos na Pobra do Brollón cinco visitas guiadas diferentes na tempada de verán 2022: Penas do Castelo, Cova das Choias, Os Conventos, Adegas de Vilachá e Castro de San Lourenzo As visitas ofrécense dende o 3 de agosto ao 15 de setembro baixo demanda de mércores a domingo ás 11:00. Grupo mínimo 5 persoas. Para a visita a Cova das Choias, hai un máximo de 10 persoas por […]

A Feira do Viño de Vilachá desvela a súa programación musical

O Concello da Pobra do Brollón dá a coñecer os grupos participantes na 29 Feira do Viño de Vilachá, que se celebra o sábado 7 e domingo 8 de maio no conxunto histórico de adegas da Abelaira. O prato forte musical desta edición será a actuación do grupo Brassica Rapa, primeira fanfarria 100% feminina galega que encherá […]