982 430 001

Atención cidadá

Volve o programa ‘Coidados porta a porta’ do 15 ao 20 de setembro

‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos, para a prevención da dependencia. Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na área recreativa Samugueiros, A Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará os […]

Curso de seguridade no fogar o 18 de abril na Casa da Cultura

O martes 18 de abril, terá lugar un curso de seguridade no fogar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Trátase dunha actividade da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas. O horario será de 17:00 a 21:00, e está dirixido a pacientes, familiares e cidadanía en xeral. No cartel abaixo hai máis detalles […]

Obradoiro de primeiros auxilios o 23 de febreiro

O xoves 23 de febreiro terá lugar na Pobra do Brollón un obradoiro de primeiros auxilios organizado pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente do Sergas.  O obradoiro está dirixido a pacientes e familiares, coidadores e cidadanía en xeral. Os obxectivos son adquirir coñecementos básicos sobre primeiros auxilios.  Desenvolverase de 17:00 a 21:00 no Salón […]

Información sobre o Proxecto Rumbo

O Proxecto Rumbo é un proxecto piloto da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), para implantar un novo modelo de apoio á autonomía persoal das persoas con dano cerebral adquirido, a través da atención sociosanitaria de proximidade. Para consultas poden contactar no email rumbo@fegadace.org ou no teléfono 881 943 148. Preme na imaxe para consulta/descargar […]

Volve o servizo ‘Coidados Porta a Porta’ do 22 ao 24 de febreiro

‘Coidados porta a porta’ é un programa da Consellería de Política Social para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos. Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará na área recreativa Samugueiros os días 22, […]

Prazas libres en ximnasia, ioga e pilates a partir de xaneiro 2023

Quedan prazas libres nas clases de ximnasia, ioga e pilates organizadas polo Concello da Pobra do Brollón, com comezo en xaneiro de 2023.  Os horarios son: Ximnasia. Martes e xoves. Grupo 1 ás 19:00. Grupo 2 ás 20:00. Pilates. Venres ás 17:00. Ioga. Martes e xoves ás 10:30. Mércores ás 19:30. Para información e inscricións, poden contactar no teléfono 982 430 […]

O programa ‘Coidados porta a porta’ chega á Pobra do Brollón a finais de setembro

‘Coidados porta a porta’ é un programa que pon en marcha a Xunta de Galicia para ofrecer consultas gratuítas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a maiores de 55 anos. Para ofrecer o servizo, instalarase un bus varios días na Pobra do Brollón, con profesionais de cada especialidade. O bus estará na área recreativa […]

Aberto ata o xoves o prazo para anotarse a ximnasia

Está aberto o prazo para anotarse ás clases de ximnasia do curso 2022-23. Ampliouse o prazo de inscrición ata este xoves 8 de setembro, debido a que aínda quedan algunhas prazas libres. As clases son a cargo dun entrenador cualificado e diríxense a adultos de tódalas idades. Haberá varios grupos con diferentes niveis. Ofértanse dúas […]

Búscanse doantes de sangue para a investigación contra o cancro

O proxecto Minerais contra o cancro investiga o uso de minerais nos tratamentos de quimio e radioterapia para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes. O Concello da Pobra do Brollón colabora coa Universidade de Santiago de Compostela para apoiar esta importante labor. Para a primeira fase de estudo precisan mostras de sangue […]

Aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia

En marzo comezarán a impartirse clases de ximnasia para adultos na Pobra do Brollón. As clases serán dous días á semana en horario de tarde, no Pavillón Municipal. Están dirixidas a adultos de tódalas idades. O prezo son 10 euros mensuais. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente no teléfono 982 430 447 ou presencialmente nas oficinas […]