982 430 001

Atención cidadá

Os Certames de Poesía e Postais de Nadal volven un ano máis

Os certames son convocados pola Biblioteca municipal e a Oficina de Información Xuvenil en colaboración co CEIP A Pobra do Brollón.  No certame de postais poden participar todas as persoas menores de 30 anos; no de poesía, os nenos e nenas ata 16 anos. En cada certame hai varias categorías diferenciadas por idades.  O prazo […]

Excursión a AquaPark Cerceda

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha excursión a AquaPark Cerceda para este mércores 13. Detalles no cartel que incluímos abaixo.  Para anotarse hai que chamar ao teléfono 982 430 546 ou 982 430 447 Lembra levar: Tarxeta sanitaria ou fotocopia Máscara para o bus Roupa de baño e crema solar Podes levar a comida […]

Aberto o prazo de inscrición no Campamento de Verán

Abriu o prazo de inscrición para o Campamento de Verán da Pobra do Brollón. Terá lugar todo o mes de xullo, de luns a venres en horario de 11:00 a 13:30. O campamento está dirixido a nenos e nenas de tódalas idades a partir de 3 anos. Ten un custo de 10€. As inscricións fanse na Biblioteca […]

Presentamos unha programación de Nadal con propostas culturais para tódalas idades

O Concello da Pobra do Brollón presentou unha programación de Nadal repleta de espectáculos para tódalas idades. “Ofrecemos unha completa axenda cultural con actividades pensadas para toda a veciñanza, maiores e pequenos” comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura.  “Por suposto cumpriremos con tódalas medidas necesarias pola situación epidemiolóxica. Insistimos en que é posible seguir apoiando […]

Ábrese o prazo de inscrición no Campamento de Verán

Os nenos e nenas maiores de 4 anos xa se poden anotar ao Campamento de Verán organizado pola Biblioteca municipal.  O campamento comezará o mércores 15 de xullo ata o 15 de agosto, e será de luns a venres de 11:00 a 13:30.  As actividades faranse tanto na Casa da Cultura como na área recreativa ‘Samugueiros’. […]