982 430 001

Atención cidadá

Manifesto polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha cita histórica e colectiva na que participa, por suposto, o Concello da Pobra do Brollón, para lembrar a nosa responsabilidade e actuar como motor de cambio e transformación cara a unha sociedade máis xusta, libre de violencias machistas, libre de todo […]

Celebramos o Orgullo este venres 19 cunha exposición, obradoiros e foliada

Este venres 19 de xullo, o Concello da Pobra do Brollón organiza un serán para celebrar o Orgullo Guímaro. O evento é parte dunha programación desenvolta ao longo do mes para conmemorar o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. A celebración comeza ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ coa inauguración da […]

Celebramos o Día Internacional do Orgullo

Neste 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo, dende o Concello da Pobra do Brollón reclamamos a liberdade para sentir, ser e amar, hoxe e sempre! Aquí compartimos as actividades que temos preparadas ao longo de xullo para reivindicar e celebrar os dereitos LGTBIQ+.

A Guimaralia máis Corresponsable: Programación para adultos

O programa A Guimaralia máis Corresponsable, ademais de actividades infantís para facilitar a conciliación familiar, tamén contempla actividades formativas e divulgativas para adultos. Abaixo incluímos a relación de actividades da programación para adultos. A primeira actividade prevista dá comezo a un ciclo de ‘charlas pola igualdade’ a cargo da formadora en igualdade, Carmen Abuín. A […]

Obradoiro Entroideirx: Información

Dentro da programación de Entroido do Concello da Pobra do Brollón, inclúese o Obradoiro Entroideirx, dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos. Será o domingo 4 de febreiro ás 17:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, cunha duración aproximada de 2 horas e media. Neste taller artístico, debullaremos xogando, construíndo e divertíndonos […]

A Pobra do Brollón conmemora o 25N–Día da eliminación da violencia contra as mulleres

Dende o Concello da Pobra do Brollón quixemos manifestar o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista cunha serie de accións desenvolvidas esta semana arredor do 25N, Día da eliminación da violencia contra as mulleres. Arrancamos o luns colgando dende os balcóns da Casa do Concello as pancartas reivindicativas para que estiveran visibles para […]

Concentración polo 25N

Este venres 24 de novembro, dende o Concello da Pobra do Brollón convócase unha concentración aberta para manifestar a noso rexeitamento a calquera tipo de violencia de xénero. Será ás 12:00 diante da Casa do Concello. Na concentración lerase o manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Trátase dunha das actividades organizadas […]