982 430 001

Atención cidadá

Cruz Vermella impartirá un curso de primeiros auxilios na Pobra do Brollón

O vindeiro sábado 13 de xuño terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ un curso de primeiros auxilios, impartido por Cruz Vermella. O obxectivo do curso é facilitar as habilidades necesarias para poder facer fronte dun xeito efectivo e seguro ás diversas situacións de urxencia/emerxencia que se poden atopar no seu contexto cotián e laboral.  […]

A Pobra do Brollón acolle dous cursos de habilidades tecnolóxicas do programa ‘E para Dixitalizarse, Lugo’

O programa formativo ‘E para Dixitalizarse, Lugo’ ofrece na Pobra do Brollón dous cursos co obxectivo de capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas. A través de accións formativas presenciais gratuítas as persoas participantes terán orientación para a aprendizaxe das TIC para mellorar a súa vida cotiá. Serán dous cursos que terán lugar ao longo de xaneiro de 2026 en […]

Rus-tics: Formación en novas tecnoloxías para persoas maiores de 55 anos

Na segunda quincena de xuño a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ acollerá uns cursos para mellorar a relación coas novas tecnoloxías das persoas maiores de 55 anos. Tamén poden participar acompañantes: netos, fillos ou coidadores. Ofreceranse dous cursos: unha de formación básica para o uso de internet e aplicacións co móbil, e outro de trámites […]

A Guimaralia máis Corresponsable: Programación para adultos

O programa A Guimaralia máis Corresponsable, ademais de actividades infantís para facilitar a conciliación familiar, tamén contempla actividades formativas e divulgativas para adultos. Abaixo incluímos a relación de actividades da programación para adultos. A primeira actividade prevista dá comezo a un ciclo de ‘charlas pola igualdade’ a cargo da formadora en igualdade, Carmen Abuín. A […]

Taller de musicoterapia

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza na Pobra do Brollón un taller de musicoterapia, dirixido a poboación adulta, coidadores e a cidadanía en xeral. No obradoiro, os e as asistentes aprenderán de xeito práctico sobre o uso da música para previr e mellorar a saúde física e mental.  Para participar é preciso inscribirse neste enlace. No […]

Sesión formativa sobre eficiencia enerxética este venres 13

Este venres 13 de 10:00 a 11.30 horas na Casa de Cultura ‘Olga Novo’, terá lugar unha sesión formativa con Naturgy sobre eficiencia enerxética. Trataranse os seguintes asuntos: Comprensión da factura da luz e gas, así como a súa optimización segundo as necesidades de cada familia. Pequenos cambios nas vivendas para obter un aforro enerxético (no caso […]

Aberto o prazo para adherirse ao programa ‘Prende! Bota raíces no rural’

A Área de Promoción Económica e Emprego da Deputación de Lugo presenta o programa ‘Prende! Bota raíces no rural’, destinado a mellorar a empregabilidade no de persoas menores de 30 anos en municipios no rural, entre eles, A Pobra do Brollón. Concretamente, a través da medida 8.2.3.1, ‘Xérate o teu emprego no rural’, finánciase os […]