A partir do domingo 26 os menores de 14 anos poderán saír para pasear

Hoxe publicouse no BOE a orde que regula os desprazamentos da poboación infantil. A partir de mañá domingo 26, os menores de 14 anos poderán saír para dar paseos, acompañados dun adulto, durante unha hora ao día (entre as 9:00 da mañá e as 21:00). No texto do BOE tamén se recolle a prórroga do […]
O Concello dispón de máscaras para persoas con maior exposición

O Concello da Pobra do Brollón dispón de máscaras para as persoas que formen parte de grupos con maior risco de contaxio, ben sexa por traballo ou por outro motivo. Ofrécense de xeito gratuíto para persoal sanitario e persoas que traballen cara ao público, como tendeiros, taxistas, transportistas, profesionais que ofrezan servizos a domicilio, etc. Tamén poranse a […]
Recomendacións do Ministerio de Sanidade para as persoas que regresan ao traballo

A partir de hoxe luns 13 de abril, aínda que a maioría das ocupacións continúan paralizadas, retómanse no Estado as actividades da industria e da construción (excluídas as obras en edificios habitados), e algúns traballos máis como as empregadas do fogar e oficinas como despachos de avogados. En caso de ser posible, o teletraballo sempre […]
O Club de Cazadores doa material sanitario para combater o coronavirus

A Sociedade Deportiva Club de Cazadores Pobra do Brollón doou 775 máscaras, 200 batas e 12 litros de xel desinfectante para axudar na loita contra o coronavirus. Fixeron chegar o material estes días ao Ambulatorio e os Servizos Sociais da Pobra do Brollón, así como ao Hospital de Monforte. Dende o Concello queremos expresar o […]
Aberto o prazo para solicitar a liña de financiamento do IGAPE dirixida a pemes e autónomos afectados polo COVID-19

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a iniciativa que permitirá avalar entre 3.000 e 200.000 euros por cada negocio para atender as necesidades máis inmediatas, como pago de salarios, alugueiros ou impostos. O IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) activa a liña de financiamento co obxectivo de paliar os efectos do coronavirus no tecido […]
Materias e recursos gratuítos para reducir o impacto psicolóxico do confinamento

A situación do confinamento polo coronavirus ten impacto nas nosas vidas porque supón un cambio drástico de rutinas, unha incerteza e unha modificación das pautas relacionais que tiñamos ata hai pouco tempo. Queremos facilitar aos veciños e veciñas os recursos elaborados polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) – tanto para a poboación xeral como […]
Actualización sobre a situación na Pobra do Brollón respecto á emerxencia sanitaria do coronavirus

Hoxe compareceu o noso alcalde Xosé Lois Maceda tras recibir a noticia do primeiro caso positivo de coronavirus no concello, segundo información recibida dende os propios familiares da persoa afectada. Comunicamos esta nova situación co fin de asegurar a transparencia informativa e reiterar a necesidade de que todos e todas sigamos aplicando as debidas precaucións […]
Como nos afecta a paralización da actividade económica non esencial decretada polo Goberno estatal

O Goberno de España vén de publicar no BOE (Boletín Oficial do Estado) o Real Decreto-Lei que regula a paralización de toda actividade laboral presencial “non esencial”. Podes consultar o texto completo aquí (PDF). parque- As medidas xa están implantadas ata o 9 de abril co obxectivo de que as persoas se queden en casa […]
Como nos afectan as restricións á actividade agrogandeira durante a emerxencia sanitaria

A Xunta de Galicia publicou onte no DOG (Diario Oficial de Galicia) unha orde da Consellería do Medio Rural pola que adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co Covid-19. O texto completo pódelo consultar nesta ligazón. Aquí resumimos estas medidas, que poden afectar a vida dos nosos veciños e veciñas. Desprazamentos aos cultivos e viñedos […]
O servizo do Punto Limpo Móbil suspéndese ata novo aviso

Debido á situación actual de emerxencia sanitaria e ás dificultades loxísticas que implica, o servizo do Punto Limpo Móbil suspenderase a partir da próxima semana ata novo aviso. O remolque está agora en Vilachá de Salvadur (diante da casa do Raimundo carpinteiro), onde permanecerá ata este xoves. De venres a domingo estará en Liñares, xunto […]
