O cuarteto vocal Son de Corda ofrecerá un concerto/recital o domingo 8 de novembro

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cun concerto/recital no que escoitaremos os versos de poetas contemporáneas vinculadas á montaña lucense, entre elas, a nosa benquerida Olga Novo. Será o domingo 8 de novembro ás 19:00 horas, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. O cuarteto está integrado […]
O evento literario-musical ‘Na casa delas’ chega á Pobra do Brollón o 11 de outubro

O sábado 11 de outubro, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón, acollerá o espectáculo literario-musical Na casa delas. O evento é ás 20:00 horas, de entrada libre. Trátase dun concerto do cuarteto vocal Son de corda no que cantan a poetas luguesas, concretamente, á guímara Olga Novo, a María Mariño, Luz Pozo, […]
O sábado 27 de setembro celébrase a XI edición de As Cores do Outono

O sábado 27 de setembro, celebramos na Pobra do Brollón a undécima edición do festival As Cores do Outono, organizado polo Concello co apoio económico da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Este ano o evento levará á área recreativa de Samugueiros tres propostas musicais moi potentes que mesturan tradición e innovación: […]
Música sen fronteiras con Os Nickis este mércores na Casa da Cultura

A Pobra do Brollón acolle este mércores 3 un concerto de Os Nickis, formación que une Australia e Galicia cun repertorio variado de diferentes estilos e procedencias. Os Nickis está formado por catro integrantes de Sarria e Australia: Nick Watson, María García, Verónica Quintela e Martín Vázquez. A través da voz, guitarra, bombardino e percusión […]
Su Garrido Pombo e MounQup pechan o ciclo Novas Músicas Galegas

O ciclo Novas Músicas Galegas é unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para levar aos escenarios a artistas mulleres que están a innovar na escena musical. Tras os concertos de Catuxa Salom e Faia en xullo, o ciclo pecha a vindeira semana con Su Garrido Pombo o luns 14 de agosto e MounQup […]
O ciclo Novas Músicas Galegas continúa este domingo con FAIA

Este domingo 16 de xullo, a parroquia de Veiga acollerá un concerto de FAIA, o segundo evento do ciclo Novas Músicas Galegas, impulsado polo Concello da Pobra do Brollón. O evento comeza ás 11:30, no punto de encontro que será no aparcamento de Finca Robles, Veiga. Antes do concerto, haberá unha visita a cargo de […]
A agrupación Bouba abre en Saa a primeira foliada guímara do ano

Volven as foliadas guímaras, que organiza o Concello da Pobra do Brollón dende o ano 2019 en colaboración cos veciños das distintas parroquias do municipio. A primeira do ano 2023 será este sábado 11 no local social de Saa, en colaboración coa asociación veciñal desta parroquia. O evento comezará ás 20:00 h coa actuación de Bouba, un grupo […]
A “música tradicional furtiva” de Tanto Nos Ten nun concerto solidario este xoves 29

Este xoves 29 de decembro ás 20:15, terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón o último concerto do ano co grupo Tanto Nos Ten. A entrada é solidaria a través da doazón dun quilo de produtos non perecedoiros (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz…) para o banco de […]
‘Consertasso na horta’, un espectáculo para todos os públicos este xoves 22 na Casa da Cultura

Este xoves 22 ás 18:00h, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón acollerá o ‘Consertasso na Horta’. O evento forma parte da programación municipal ‘Nadal na Guimaralia’. É para todos os públicos e a entrada é de balde. Neste espectáculo o músico Brais das Hortas interpretará a diversos personaxes que farán pasar […]
Concerto solidario de Xabier Vizcaíno este sábado 17 na Pobra do Brollón

Xabier Vizcaíno ofrecerá xunto coa súa banda un concerto este sábado 17 ás 20:15 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ na Pobra do Brollón. O músico do Incio interpretará temas do seu último traballo ‘Neno de monte’, unha homenaxe ao mundo rural e á lingua galega a través de relatos da tradición oral. A entrada é […]
