Convocatoria de grupos para os XIV Cantos de Taberna

O sábado 5 de decembro, celebramos a 14ª edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. Os grupos interesados en participar, contacten preferiblemente por WhatsApp no teléfono 650 624 828 antes do 16 de novembro. Consulte aquí as bases para participar.
Este sábado celébranse os XIII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de dez agrupacións

Este sábado 6 de decembro a partir das seis da tarde chegan os XIII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de dez agrupacións procedentes tanto da Pobra do Brollón como doutros municipios da bisbarra. Todos os grupos pasarán ao longo do serán por cinco bares do municipio: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de […]
A duodécima edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón celébrase este venres 6

Este venres 6 de decembro a partir das 6 da tarde celébranse os XII Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de doce agrupacións procedentes tanto da Pobra como doutros municipios da bisbarra. Todos os grupos pasarán ao longo do serán polos seis bares do municipio: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e […]
Os XII Cantos de Taberna celebraranse o venres 6 de decembro coa participación de 12 grupos

O vindeiro venres 6 de decembro, celebraremos a edición número 12 dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón coa participación de 12 agrupacións. Os grupos comezarán a circular a partir das 18:00 horas polos bares da Pobra do Brollón: A Vella Taberna, Avenida, O Pirata e Primeiro de Maio; ademais de A Salanova en […]
A 11ª edición dos Cantos de Taberna celébrase o sábado 9 de decembro

O sábado 9 de decembro celebramos os XI Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. Participan catorce grupos que circularán por seis bares do municipio entre as 18:00 e as 23:00, rematando con foliada expansiva polos bares. Os bares que participan son Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e A Vella Taberna na capitalidade da Pobra […]
Celébrase a X edición dos Cantos de Taberna este sábado 10

Tras dous anos de pausa a causa da pandemia, volven os Cantos de Taberna da Pobra do Brollón. A décima edición celébrase este sábado 10 de decembro coa participación de 16 agrupacións. “É unha gran alegría por fin volver recuperar esta festa, unha das máis importantes e agardados do calendario guímaro,” comenta o alcalde Xosé […]
E a foto gañadora de #EnredandoNosCantos é…

Para os IX Cantos de Taberna da Pobra do Brollón, celebrado o sábado 7 de decembro, pedimos aos asistentes que publicasen nas redes sociais as súas fotos da xornada. Usando o hashtag #EnredendoNosCantos e mencionando ao perfil do Concello, era posible entrar nun concurso de fotos e gañar un bono para un circuíto termal e unha noite para […]
Participa no concurso de fotos #EnredandoNosCantos

Con motivo da IX edición dos Cantos de Taberna da Pobra do Brollón, convocamos nas redes sociais do Concello o concurso de fotos ‘Enredando nos Cantos’. Participar é moi sinxelo. Hai que subir unha foto quitada o sábado 7 nos Cantos de Taberna á túa conta de Facebook, Twitter ou Instagram. É imprescindible usar o […]
Aberto o prazo de inscrición na novena edición dos Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón celebrará o sábado 7 de decembro a IX edición dos Cantos de Taberna. Xa está aberto o prazo de inscrición para os grupos interesados en participar nesta popular cita anual nos bares guímaros. Os grupos recibirán un agasallo pola participación, ademais dun convite para a Feira do Viño de Vilachá, que […]
