A cuarta edición do festival de improvisación oral Brindadeira celébrase esta fin de semana en Ferreiros

A parroquia de Ferreiros na Pobra do Brollón acolle por cuarto ano consecutivo o festival Brindadeira. Cine, música, xogos, un taller de brindo e mesmo un concurso de tortillas, protagonizan a programación este sábado 18 e domingo 19 de xullo. Brindadeira xurdiu dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar a tradición do brindo, un xénero […]
III Obradoiro de Brindos Guímaros

O venres 21 de abril no bar Primeiro de Maio, na Pobra do Brollón, terá lugar o terceiro obradoiro de brindos guímaros. Será novamente a cargo do colectivo Erre Que Erre, formado por Alba María, Sara Marchena, Nuria Penas e Lorena Medela. A actividade é aberta a todo o mundo, independentemente de se asistiran ou non […]
O segundo obradoiro de brindos será o venres 3 de marzo na Cantina de Julia

Tras o éxito do primeiro obradoiro en xaneiro, o Concello da Pobra do Brollón organiza un novo taller de brindos guímaros. Desta volta será o venres 3 de marzo ás 20:15 na Cantina de Julia, Salcedo. A formación é a cargo de Sara Marchena, Alba María, Nuria Penas e Lorena Medela. É aberta a todo o […]
O venres 27 comeza un ciclo de obradoiros de brindo

O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón así como doutras zonas da montaña lucense e mesmo do Bierzo. O Concello da Pobra do Brollón inicia este venres 27 unha serie de obradoiros para aprender a arte do brindo. Serán a cargo de Sara Marchena e Alba María, dúas […]
