A programación estival arranca este venres cunha foliada nas adegas de Vilachá

Esta semana tamén se proxecta Sirât, a multipremiada película de Óliver Laxe, hoxe mércores 29 dentro do Ciclo Mestre Mateo Unha foliada en Vilachá de Salvadur, animada pola agrupación tradicional Os Ministreles, será o primeiro gran fito da axenda cultural de verán na Pobra do Brollón. Terá lugar este venres 31 de xullo a partir […]
A Pobra do Brollón lanza unha programación cultural fortalecida pola subvención Territorio Cultura

De aquí a setembro, producirase un sismo cultural na Pobra do Brollón con actividades para todos os públicos, distintas localizacións e diversas disciplinas cunha importante presenza de mulleres artistas. É unha programación descentralizada e participativa que mestura actividades xa consolidadas con novas propostas. A programación vai encamiñada a ‘fortalecer as redes comunitarias e tamén incidir […]
Recibe os eventos da Pobra do Brollón no teu móbil con ‘Info Guimaralia’

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha un servizo para que as persoas interesadas poidan recibir información dos eventos do municipio por WhatsApp. Trátase da lista de difusión ‘Info Guimaralia‘. Xa ten máis de 160 persoas subscritas que reciben a axenda do concello no seu móbil cada semana. Trátase polo xeral de difundir eventos culturais, aínda […]
