982 430 001

Atención cidadá

Información sobre posibles cortes de auga do 22 ao 26 de setembro

Dende o 22 ata o 26 de setembro vaise proceder á limpeza do vaso azud da presa de Loureiro. Por este motivo o subministro de auga pode verse interrompido en algún momento e ademais pode ser que a auga que chegue ás nosas billas saia con algo de turbidez. Neste último caso recomendamos non facer […]

Información sobre o aforro de auga

Tendo en conta a época estival na que nos atopamos e ante a previsión de escaseza de auga pola seca, en aplicación do disposto na Ordenanza Fiscal nº 2.07ª reguladora da taxa polo subministro de auga, non se poderá facer uso da auga procedente da subministración municipal para: O rego de hortas e xardíns. Encher […]

Información sobre o cobro dos recibos de auga

Dende o Concello da Pobra do Brollón, infórmase de que o novo período de cobro dos recibos de consumo de auga é cada 4 meses en lugar de cada 6 meses de cobros anteriores. Proximamente se procederá ao cobro do primeiro período do 2025 correspondente ao consumo de auga dos meses de xaneiro, febreiro, marzo […]

Bandos sobre a auga de consumo

A consecuencia das chuvias torrenciais destes días, a auga dos ríos Loureiro e Lor está a baixar con moito lodo, afectando á turbidez da auga de consumo nalgunhas parroquias da Pobra do Brollón. O Concello da Pobra do Brollón emite por tanto dous bandos recomendando evitar o seu consumo, que compartimos a continuación:

Aviso dun peche de auga pola limpeza do tanque de Domiz este mércores 27

A partir deste mércores 27 de setembro, procederase ao peche da subministración de auga nos lugares de: MARTUL, LAMAIGREXA, TUDRIZ, RECEMUNDE, O PEREIRO, CASTRONCELOS, VILARMAO, A ESTACIÓN, PINEL, ABRENCE e A FRIEIRA. O tempo estimado do peche é dun día (24 horas). O motivo do peche é a limpeza do tanque de Domiz para sacar o lodo […]

A auga na zona de abastecemento de Barxa de Lor xa está apta para o consumo

Mañá xoves tamén se levantarán as restricións na zona de abastecemento de Loureiro A auga viña moi turbia pola presencia de lodo a raíz dos arrastres do monte queimado A semana pasada dende o Concello da Pobra do Brollón recomendamos non consumir a auga da billa en case unha vintena de parroquias e lugares do municipio. […]

Bandos sobre fallos na calidade da auga

Por mor das chuvias torrenciais destes días, a auga das zonas de abastecemento de Barxa de Lor e de Domiz veñen con moito lodo, polo que non é posible garantir unha óptima calidade. Recoméndase, ata novo aviso, ferver a auga entre 2-3 minutos antes de consumila. Consulta nos bandos as zonas afectadas: