982 430 001

Atención cidadá

Concentración e manifesto polo 25N

O vindeiro martes 25N ás 12:00h concentrarémonos diante do Concello para ler o manifesto polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Dende a Concellaría de Igualdade anímase a achegarse a quen queira e poida para manifestarmos o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista.  

Manifesto polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é unha cita histórica e colectiva na que participa, por suposto, o Concello da Pobra do Brollón, para lembrar a nosa responsabilidade e actuar como motor de cambio e transformación cara a unha sociedade máis xusta, libre de violencias machistas, libre de todo […]

A Pobra do Brollón conmemora o 25N–Día da eliminación da violencia contra as mulleres

Dende o Concello da Pobra do Brollón quixemos manifestar o noso repudio ante calquera tipo de agresión machista cunha serie de accións desenvolvidas esta semana arredor do 25N, Día da eliminación da violencia contra as mulleres. Arrancamos o luns colgando dende os balcóns da Casa do Concello as pancartas reivindicativas para que estiveran visibles para […]

Concentración polo 25N

Este venres 24 de novembro, dende o Concello da Pobra do Brollón convócase unha concentración aberta para manifestar a noso rexeitamento a calquera tipo de violencia de xénero. Será ás 12:00 diante da Casa do Concello. Na concentración lerase o manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia machista. Trátase dunha das actividades organizadas […]

Accións no 25N para visibilizar e combater as violencias de xénero

Ao longo da xornada do 25 de novembro tiveron lugar na Pobra do Brollón varias actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  Ao mediodía persoal do Concello e veciños e veciñas concentráronse diante da Casa do Concello para gardar un minuto de silencio. O alcalde, Xosé Lois Maceda, leu […]

Concentración polo 25 de Novembro

Dende o Concello da Pobra do Brollón facemos unha convocatoria aberta para concentrarse ás12:30 diante da Casa do Concello este 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Gardaremos un minuto de silencio en repulsa contra os actos de violencia de xénero. Animamos a quen acuda a levar algunha peza de roupa negra. […]

A Pobra do Brollón pola educación en igualdade no 25N

O Concello da Pobra do Brollón apostou pola educación en igualdade para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Como parte das actividades municipais polo 25-N, entregouse a cada estudante do CEIP A Pobra do Brollón un xogo didáctico de Os Bolechas que traballa a igualdade de xénero de xeito lúdico […]

A Pobra do Brollón únese á campaña En Negro Contra As Violencias

En Negro Contra As Violencias é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que involucra a concellos, institucións e sectores. Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo en novembro, o mes do 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción se intensifica. Na […]

A Pobra do Brollón, en negro contra as violencias

Con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sumámonos á campaña En Negro Contra as Violencias. Unha iniciativa de sensibilización social que busca unha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas. Este ano –segundo datos oficiais–  foron asasinadas 51 mulleres en España, sen contar […]