Información sobre o obradoiro dual de emprego “Brollón-O Incio-Bóveda”

Están publicadas as bases de selección de persoal para o obradoiro dual de emprego “Brollón-O Incio-Bóveda”, promovido polo Concello de O Incio en convenio con A Pobra do Brollón e Bóveda. A especialidade formativa a impartir é AGAR0309 “Actividades auxiliares de conservación e mellora de montes” dedicadas á conservación e mellora de sendas no Concello da Pobra do […]
A Pobra do Brollón pola educación en igualdade no 25N

O Concello da Pobra do Brollón apostou pola educación en igualdade para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Como parte das actividades municipais polo 25-N, entregouse a cada estudante do CEIP A Pobra do Brollón un xogo didáctico de Os Bolechas que traballa a igualdade de xénero de xeito lúdico […]
Recomendacións para previr as infeccións por Covid-19 nas matanzas de porcino

Tal e como se constata no estudo dos gromos de Covid-19 producidos en Galicia, o ámbito no que estes se orixinan é predominantemente familiar e social. Tendo en conta que comeza a época das matanzas de porcino, e que estas poden implicar a agrupación nas casas de persoas que, ademais, a miúdo proceden de distintos ámbitos territoriais, a […]
O Punto Limpo Móbil reinicia o seu percorrido polas parroquias da Pobra do Brollón

Tras pasar por tódalas parroquias da Pobra do Brollón, o Punto Limpo Móbil reinicia o seu percorrido para facilitar a reciclaxe e depósito seguro de residuos contaminantes. Actualmente atópase xunto ao local multiusos de Salcedo. O luns 23 trasladarase a Lamaigrexa (xunto ao local social) e a partir do venres 27 estará no campo da […]
Continúa a obriga para os viaxeiros/as que procedan de zonas de alta incidencia epidemiolóxica de notificar ao Sergas a súa chegada a Galicia

Recordamos que segue sendo obrigatorio que as persoas que cheguen a Galicia, incluído ao noso municipio A Pobra do Brollón, dende unha zona de alta incidencia epidemiolóxica, notifiquen a súa chegada a Sanidade. Todos os viaxeiros que cheguen a Galicia, tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores á súa chegada en territorios que […]
A Pobra do Brollón únese á campaña En Negro Contra As Violencias

En Negro Contra As Violencias é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que involucra a concellos, institucións e sectores. Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo en novembro, o mes do 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción se intensifica. Na […]
Información sobre as medidas fronte ao Covid-19

Na liña das normas do novo estado de alarma decretado polo Goberno central, lembramos que están permitidas as reunións de ata 6 persoas, e que segue vixente o toque de queda dende as 23:00 ata as 6:00. A partir desta medianoite (do venres 6 ao sábado 7) entrarán en vigor en Galicia novas medidas impostas pola […]
A situación do Covid-19 no noso municipio

Tras recibir información dende o Centro de Saúde dun novo PCR positivo no noso municipio, compareceu o alcalde Xosé Lois Maceda pedindo precaución para evitar novos contaxios. O vídeo da comparecencia pódese visionar abaixo. Segundo datos do Centro de Saúde hai 5 casos de Covid-19 activos na Pobra do Brollón. É unha cifra alta para a nosa poboación, polo […]
A Pobra do Brollón comprou un edificio para habilitalo como albergue de peregrinos

O Concello da Pobra do Brollón acaba de adquirir un edificio para acondicionar un albergue de peregrinos. Trala aprobación no pleno municipal o pasado venres da proposta de compra, esta formalizouse a principios desta semana. Os fondos da adquisición proceden dunha subvención da Xunta de Galicia. O edificio está situado na Praza da Condesa no centro da […]
Información sobre a campaña de vacinación antigripal 2020

A campaña de vacinación antigripal do Sergas xa comezou e estará en marcha ata o 31 de decembro. Este ano debido á situación epidemiolóxica a campaña é especialmente importante. O Sergas ampliou os grupos de poboación nos que é particularmente recomendable a vacina (detallamos abaixo). Para pedir a vacina, as persoas deben chamar ao seu […]
