Actualización 12/4 – Datos de Covid-19 na Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN LUNS 12 DE ABRIL Segundo os datos recibidos hoxe luns 12 do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, dende o venres houbo varias altas mais tamén 2 novos positivos, polo que actualmente hai 7 casos activos de Covid-19 no noso municipio. A día de hoxe venres 9 de abril, segundo os datos recibidos […]
A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición alta

Segundo datos recibidos esta mañá do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, hai no municipio 12 casos activos de Covid-19, ligados ao gromo do que informamos ao principio de semana. Dende hoxe venres 2 de abril, A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición alta. Entre outras medidas: Xuntanzas de carácter familiar e […]
Os participantes do Obradoiro de Emprego acondicionan rutas de sendeirismo na Pobra do Brollón

Dende que comezaron os traballos dentro do Obradoiro de Emprego a mediados de febreiro, os participantes iniciaron o acondicionamento da Ruta da Castaña e do Mel así como da Ruta do Ouro e do Ferro, ademais do camiño de acceso á antiga mina aurífera de Os Medos. Estes traballos prodúcense no marco do Obradoiro de […]
ACTUALIZACIÓN 30/3 – Datos de Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN MARTES 30 DE MARZO Os casos positivos ligados ao gromo detectado no municipio da Pobra do Brollón ascenden a 10, segundo os últimos datos recibidos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón. Hai PCR pendentes de resultados de contactos. As persoas contaxiadas están en illamento domiciliario e os seus contactos en corentena. As […]
Xa se poden solicitar de novo os permisos para queimas

A Consellería do Medio Rural permite de novo desde hoxe xoves, día 25 de marzo, tramitar permisos para facer queimas, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o sábado 27 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas. As comunicacións e solicitudes de autorización de queimas […]
Actualizada a lista de lugares do rexistro obrigatorio de viaxeiros que entran en Galicia

As persoas, sexan residentes en Galicia ou non, que proveñan ou estiveran nos últimos catorce días en territorios de alta incidencia epidemiolóxica por COVID-19, teñen a obriga de informar da súa chegada a Galicia. A comunicación faise a través do formulario que está na web do Sergas. Deben facelo nun prazo máximo de 24 horas dende a súa chegada á […]
Convocadas as probas para a obtención dos certificados de CELGA

Están convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, os niveis CELGA 1, 2, 3 e 4. As probas realizaranse nos meses de maio e xuño de 2021 en Santiago de Compostela (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) e Ponferrada (Celga 2, 3 e 4). O prazo de presentación de solicitudes […]
Quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais ata novo aviso

Recordamos que, debido ás condicións meteorolóxicas actuais, a Consellería do Medio Rural prohibe ata novo aviso as queimas agrícolas e forestais. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos de queima xa concedidos. En caso de detectar algún lume forestal, chama ao teléfono gratuíto 085. Máis información: https://bit.ly/319l5Ov
A Pobra do Brollón pasa ao nivel de restrición media-baixa

Dende hoxe venres 19 de marzo, segundo o anunciado pola Xunta de Galicia, A Pobra do Brollón está no nivel de restrición media-baixa. As medidas serán revisadas antes dos festivos da Semana Santa. Entre os cambios que implica este nivel, ampliase o aforo da hostalería do 30 ao 50% no interior; nas terrazas sube o aforo do […]
Aberto o prazo de presentación de ofertas para a xestión do quiosco

Xa está aberto o prazo de presentación de ofertas para a adxudicación do servizo de xestión do quiosco da área recreativa ‘Sanugueiros’. O período de apertura do quiosco será dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, entre as 15:00 e as 21:00 (como mínimo), puidendo establecer un día de descanso semanal. Poderá […]
