Charla sobre os impactos da factoría de Altri o mércores 5 de xuño

O vindeiro mércores 5 de xuño ás 20:15, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón, terá lugar unha charla sobre os impactos ambientais da celulosa de ALTRI. A charla será a cargo de Ana F. Santamariña, vogal de Augas de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), e doutora en hidroloxía […]
A Guimaralia máis Corresponsable

‘A Guimaralia máis Corresponsable’, comprende unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e mulleres no centro. Consulta a oferta de actividades para adultos aquí. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e […]
Que futuro queremos para os nosos montes comunais? Xuntanza o martes 21 de maio

No marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible, o vindeiro 21 de maio ás 18:00h celebrarase unha xuntanza da comunidade de aprendizaxe sobre Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, no Salón de actos da Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. Nela explorarase as oportunidades que teñen as Comunidades de Montes […]
Entrega gratuíta de composteiros para a veciñanza da Pobra do Brollón

A Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón acollerá, o vindeiro xoves 23 de maio, unha sesión formativa sobre compostaxe doméstica. Terá lugar ás 19:00 horas. Finalizará coa entrega do material necesario (manual de compostaxe, composteiro e aireador) para levar a cabo a reciclaxe dos residuos orgánicos. É un evento aberto a toda […]
Comezan as primeiras actividades do programa ‘A Guimaralia máis Corresponsable’

Arranca o programa do Plan Corresponsables na Pobra do Brollón: ‘A Guimaralia máis Corresponsable’, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade. Haberá unha ampla oferta de actividades dirixidas a nenas e nenos ata 16 anos co fin de facilitar a conciliación familiar, coa igualdade e a corresponsabilidade entre homes e […]
O Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual terá lugar na Pobra o 17 de maio

O venres 17 de maio terá lugar na Pobra do Brollón o Campionato de Galicia de Contra o Reloxo Individual. O evento comezará a partir das 9:30 aproximadamente, con saída da Avenida de Galicia. Haberá probras nas categorías de Paraciclismo, Infantil, Cadete, Junior, Élite Sub23 e Master Fem. Con motivo da proba, cortarase o tráfico de 9:30 […]
A Pobra do Brollón acolle este mércores unha charla sobre o conflito palestino

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha charla sobre o conflito entre Gaza e Israel, coincidindo co 15 de maio, aniversario da Nakba. Co termo Nakba, “catástrofe” ou “desastre” en árabe, é coñecido o éxodo palestino de 1948 tras a expulsión forzada de máis 700.000 persoas, moitas das cales refuxiáronse en Gaza. A charla […]
O 27 de maio celebrarase unha xuntanza informativa sobre a comunidade enerxética da Pobra do Brollón

O prezo da enerxía e a contaminación que se xera para producila, está a converterse nun problema que afecta a particulares, empresas e Administracións. A fórmula para saír de esta espiral de gasto e contaminación é o uso de enerxías renovables. Como unha das solucións a este problema nace a idea das comunidades enerxéticas, entendidas […]
Bando sobre o uso de produtos fitosanitarios

En cumprimento do RD 1311/2012 do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, o Concello quere lembrar a toda a veciñanza a importancia de respectar o uso de estes produtos a fin de evitar posibles casos de contaminación de solos, augas e danos […]
A oficina móbil do programa Acelera Peme estará na Pobra o 6 de maio

O luns 6 de maio contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo. Estará instalada na Avenida de Galicia, 55 (A Pobra do Brollón) a partir das 10:30 horas. Se es autónomo ou autónoma, ou propietario/a dunha Peme e precisas impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera […]
