En marcha os talleres de manualidades nas parroquias

O Concello da Pobra do Brollón iniciou os talleres de manualidades nas parroquias, mantendo os horarios e lugares nos que se viñan impartindo. As persoas interesadas deben asistir ao lugar da súa parroquia onde de costume se imparten as actividades e facer o pagamento á monitora. A colaboración económica é a mesma que en edicións anteriores, 10 […]
Programación do Entroido do Concello da Pobra do Brollón

Se buscas aventura, lánzate á lectura e conseguirás unha correcta escritura. Así presentamos o Obradoiro para nenos que xa saben ler e escribir. Para máis información deben de chamar ao 982 430 546 ou dirixirse á biblioteca municipal. Xa os días 15 e 22 de febreiro en horario de 17.00 a 18.30 desenvolveranse na biblioteca municipal obradoiros […]
Presentación da Revista Municipal A AUGA DO MOLLÓN

Este mércores 16 de xaneiro ás 20.15, na Casa da Cultura Olga Novo, presentarase a Revista Municipal A AUGA DO MOLLÓN. Agardamos contar coa vosa presenza nun acto no que haberá, ademais, poesía, cultura e música da man do arqueólo Xurxo Ayán, as escritoras Olga Novo e Noa Moreira, e o músico Alexandre González ( Los Árboles ). Algúns dos convidados aproveitarán para presentar traballos inéditos. […]
O Apalpador visita o noso Concello

O Apalpador visitará A Pobra do Brollón, o luns 24 de decembro, ás 12 estará no Centro de Día con nenos e maiores e ás 13.30 fará un pasarrúas polos bares do centro. O Apalpador está vinculado ao Nadal, representa a unha figura que baixa do Courel na noite do solsticio de inverno, o 24 […]
O Nadal na Pobra do Brollón

Despois dos Cantos de Taberna e do Concurso de Tapas o concello da Pobra desenvolve a programación de Nadal. Entre os días 26 e 28 haberá Biblio Nadal para nenos con actividades sobre o Nadal, contacontos, postais, adornos,… Para participar é necesario inscribirse antes do 21 na biblioteca. O Apalpador visitará A Pobra do Brollón, […]
15 formacións participarán na VIII edición dos Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón celebra o 8 de decembro a VIII edición dos Cantos de Taberna. Nesta ocasión daranse cita no Concello da Pobra 15 pandillas, 4 delas do municipio e o resto vidas da provincia da Coruña, da de Lugo e de Ourense, de lugares como A Rúa ou Trives, ademáis participarán grupos da comarca, do Saviñao, Chantada […]
O oso de Salcedo no Festival de Cine de Ourense da man de Kepa Junquera

O filme Mar de Terra, protagonizado polo músico vasco, Kepa Junquera, foi o encargado de abrir este xoves, esta edición do OUFF, Ourense Film Festival. No documental, rodado entre febreiro e finais de maio deste ano, recóllense algúns dos entroidos máis singulares das provincias de Lugo e Ourense. Mar de Terra, dirixida polo realizador ourensán José Antonio […]
Andaina outoniza polo Camiño de Inverno e xantar

Este domingo día 2 de decembro celébrase a última andaina outoniza deste ano, organizada polo Concello da Pobra do Brollón. Como remate a esta experiencia que resultou se un éxito de participación farase o tramo do Camiño de Inverno de Barxa de Lor a Cereixa. A saída será ás 10.00 da mañá do restaurante O Fogón en Cereixa, onde un autobús […]
A Memoria Histórica, protagonista na Pobra do Brollón do xoves 8 ao domingo 10 de novembro

O Concello da Pobra do Brollón organiza entre o 8 e o 10 de novembro diferentes actividades que teñen como fío conductor a Memoria Histórica. Comezarase o xoves 8 na Casa da Cultura “Olga Novo” coa proxección do documental “O canteiro de Sebil”, un filme que conta a vida de Xoán Xesús González Fernández. Xoán Xesús […]
Camiñando da man de Felipe Castro para facer a Ruta da castaña e do mel

Este domingo día 4 de novembro celébrase a III andaina outoniza que organiza o Concello da Pobra do Brollón. Despois de duas experiencias exitosas coa participación de medio cento de persoas en cada andaina, preparámonos para a seguinte cita: Camiñando da man de … Felipe Castro para facer a Ruta da castaña e do mel. A saída será ás 10.00 da […]
