Corte de estrada entre As Areas e Fornelas os días 29 e 30 de outubro

Infórmase que este xoves 29 e venres 30 de outubro, a estrada que une o barrio de As Areas (Cereixa) e Fornelas estará cortada a causa de obras de mantemento na vía. Desculpen as molestias.
O cuarteto vocal Son de Corda ofrecerá un concerto/recital o domingo 8 de novembro

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cun concerto/recital no que escoitaremos os versos de poetas contemporáneas vinculadas á montaña lucense, entre elas, a nosa benquerida Olga Novo. Será o domingo 8 de novembro ás 19:00 horas, na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, A Pobra do Brollón. O cuarteto está integrado […]
