O Concello da Pobra do Brollón creará un centro da xuventude en cooperación coa Deputación de Lugo

O Concello da Pobra do Brollón e a Deputación de Lugo asinaron a principios de maio un convenio interadministrativo de cooperación para acondicionar a antiga vivenda do conserxe como centro sociocultural da xuventude na anualidade 2023. O proxecto, pendente de licitación, será financiado nun 95% pola Deputación de Lugo e o restante 5% polo Concello […]
Celebramos o Festival das Letras o sábado 20 de maio

Este sábado 20 de maio celébrase o Festival das Letras Galegas con actuacións do alumnado da Escola municipal de Música Samoeiro. O festival será a partir das 19:30 na área recreativa de Samugueiros da Pobra do Brollón. En caso de chuvia trasladarase á Casa da Cultura ‘Olga Novo’. No evento farase entrega dos premios dos Certames […]
