982 430 001

Atención ciudadana

Déixate Guiar 2026: Visitas guiadas de verán de natureza e arqueoloxía

‘Déixate guiar’ é o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de catro visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Castro de San Lourenzo e Adegas e Miradoiro de Vilachá. As visitas ofrécense dende o 6 de xullo ao 20 de setembro, nos seguintes horarios:  Castro de San Lourenzo: Luns e […]

Déixate Guiar: Visitas guiadas de natureza e arqueoloxía Verán 2025

‘Déixate guiar’ é o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de catro visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Castro de San Lourenzo e Adegas e Miradoiro de Vilachá. As visitas ofrécense dende o 21 de xullo ao 14 de setembro, nos seguintes horarios:  Castro de San Lourenzo: Luns 18h […]

Déixate Guiar 2024: Visitas guiadas de verán

Esta semana arranca ‘Déixate guiar’, o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de cinco visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Entre Pataos e Os Conventos, Adegas de Vilachá, e Castro de San Lourenzo. As visitas ofrécense dende o 23 de xullo ao 31 de agosto baixo demanda de martes a sábado. Grupo mínimo 5 […]

Escapada á Guimaralia en colaboración co Albergue da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón colabora co Albergue municipal cunha proposta dunha fin de semana completa para coñecer toda a riqueza cultural, patrimonial e paisaxística do noso municipio. Será dende a tarde do sábado 8 ata a tarde do domingo 9 de xuño. O prezo son 65€ por persoa que inclúe todas as actividades, a […]

Esta Semana Santa coñece a Ribeira Sacra guímara

Esta Semana Santa coñece a Ribeira Sacra guímara a través do programa de visitas guiadas do Concello da Pobra do Brollón. Do sábado 23 ao domingo 31 de marzo, ofrécense dúas visitas guiadas, que se poden combinar con dúas ‘experiencias vitivinícolas’, todas na parroquia de Vilachá de Salvadur. Tanto para as visitas guiadas como para […]

O Albergue municipal da Pobra do Brollón cumpre seis meses

O Albergue municipal, situado ao carón do colexio na Avenida de Outeiro, cumpre seis meses dende que abriu a mediados de xullo do ano pasado. Falamos coa concesionaria da xestión, Anabel Alves, para repasar como lles foi, e as súas perspectivas para o 2024. Conta Anabel que dende que abriron, as 36 prazas do albergue tiveron unha […]

Visitas guiadas de verán 2023

En agosto arranca ‘Déixate guiar’, o programa de visitas guiadas de verán do Concello da Pobra do Brollón, cunha oferta de cinco visitas: Penas do Castelo, Cova das Choias, Os Conventos, Adegas de Vilachá e Castro de San Lourenzo. As visitas ofrécense dende o 1 de agosto ao 15 de setembro baixo demanda de mércores a domingo ás 11:00. Grupo mínimo 5 persoas. Para a visita a Cova […]

Abre o novo albergue municipal da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón xa conta con albergue municipal. A iniciativa xorde como un recurso para peregrinos do Camiño de Inverno, aínda que tamén para turistas e visitantes en xeral.   Trátase dunha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón financiada con fondos propios, fondos Agader e da Deputación Provincial de Lugo. Tras acondicionar o espazo […]

O albergue da Pobra do Brollón inaugúrase o sábado 15 de xullo

O albergue da Pobra do Brollón abre as súas portas este sábado 15 de xullo. Está situado no segundo andar do novo edificio multiusos municipal, na Avenida de Outeiro (ao carón do colexio da Pobra do Brollón).  O albergue conta con 36 prazas, dispoñibles tanto para peregrinos do Camiño de Inverno como para turistas e visitantes en xeral. […]

Coñece a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa

O Concello da Pobra do Brollón presenta o seu programa turístico para dar a coñecer a Ribeira Sacra guímara esta Semana Santa. Do sábado 1 ao domingo 9 de abril, ofrécense dúas visitas guiadas a elixir, que se poden combinar con dúas ‘experiencias vitivinícolas’ en diferentes puntos da parroquia de Vilachá de Salvadur. Tanto para […]