982 430 001

Atención ciudadana

A programación estival arranca este venres cunha foliada nas adegas de Vilachá

Esta semana tamén se proxecta Sirât, a multipremiada película de Óliver Laxe, hoxe mércores 29 dentro do Ciclo Mestre Mateo Unha foliada en Vilachá de Salvadur, animada pola agrupación tradicional Os Ministreles, será o primeiro gran fito da axenda cultural de verán na Pobra do Brollón. Terá lugar este venres 31 de xullo a partir […]

Todo preparado para a undécima edición da Feira Guímara este sábado 11

A Feira arranca ao mediodía co pregón de Manuel Leiras e a representación da revolta guímara A programación continuará ata a noite con música, xogos populares, narración oral e moita artesanía A Feira Guímara conmemora por undécimo ano a revolta dos habitantes da Pobra do Brollón contra as inxustizas do Conde de Lemos en tempos […]

A Pobra do Brollón lanza unha programación cultural fortalecida pola subvención Territorio Cultura

De aquí a setembro, producirase un sismo cultural na Pobra do Brollón con actividades para todos os públicos, distintas localizacións e diversas disciplinas cunha importante presenza de mulleres artistas. É unha programación descentralizada e participativa que mestura  actividades xa consolidadas con novas propostas. A programación vai encamiñada a ‘fortalecer as redes comunitarias e tamén incidir […]

Recibe os eventos da Pobra do Brollón no teu móbil con ‘Info Guimaralia’

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha un servizo para que as persoas interesadas poidan recibir información dos eventos do municipio por WhatsApp. Trátase da lista de difusión ‘Info Guimaralia‘. Xa ten máis de 160 persoas subscritas que reciben a axenda do concello no seu móbil cada semana. Trátase polo xeral de difundir eventos culturais, aínda […]

Presentamos unha programación de Nadal con propostas culturais para tódalas idades

O Concello da Pobra do Brollón presentou unha programación de Nadal repleta de espectáculos para tódalas idades. “Ofrecemos unha completa axenda cultural con actividades pensadas para toda a veciñanza, maiores e pequenos” comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura.  “Por suposto cumpriremos con tódalas medidas necesarias pola situación epidemiolóxica. Insistimos en que é posible seguir apoiando […]

Verán cultural para todos os públicos na Pobra do Brollón

Mirar o programa completo aquí O Concello da Pobra do Brollón presenta o programa de eventos culturais para finais de xullo e agosto. Con, cando menos, tres eventos por semana, este verán na Guimaralia será imposible aburrirse.  ‘Cremos que a xestión cultural debe ser un dos elementos diferenciais da política municipal da Pobra. Esta programación […]